InicioSOCIEDADEO tren turístico de Santiago funciona con normalidade tras o atropelo

O tren turístico de Santiago funciona con normalidade tras o atropelo

O tren implicado no accidente foi levado ao depósito o propio venres.

Publicado o

Xornal de Compostela

O tren turístico de Santiago de Compostela funciona con normalidade na cidade tras pararse o servizo varias horas como consecuencia do atropelo que tivo lugar no mediodía do venres, cando unha muller faleceu a causa do mesmo. O vehículo implicado no accidente, con todo, foi levado ao depósito.

Os feitos tiveron lugar pasadas as 12:00 do venres entre os números 7 e 9 da rúa Virxe da Cerca, no centro da cidade e fronte ás escaleiras que dan á Praza de Abastos. Entón, unha veciña de Santiago, de 84 anos, perdeu a vida ao ser arroiada polo transporte, que circulaba cun total de 39 pasaxeiros, desaloxados no acto.

Neste contexto, o tren implicado no accidente foi levado ao depósito o propio venres, segundo informan fontes municipais, e non está en circulación. As mesmas fontes indicaron o día do suceso que, polo momento, non poden confirmar as circunstancias do mesmo.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...