InicioCULTURAEstes son os concertos, faladoiros e encontros que programa o Museo do...

Estes son os concertos, faladoiros e encontros que programa o Museo do Pobo Galego en setembro

A institución compostelá acollerá actividades arredor da música tradicional, a literatura e a memoria oral, ademais de encontros profesionais e a clausura da exposición 'Cantareiras'

Publicado o

Xornal de Compostela

O Museo do Pobo Galego presentou a súa programación para o mes de setembro, cun calendario que combina propostas musicais, visitas guiadas, faladoiros e encontros profesionais. As actividades están ligadas tanto á exposición Cantareiras. Oralidade. Creación. Transmisión como a outras iniciativas culturais e divulgativas.

O primeiro dos actos terá lugar o sábado 6 ás 16:30 en Palas de Rei, onde o Museo recibirá o premio Son d’Aldea, recoñecemento que se suma á distinción da ‘Pedra do Destino’ acadada este mesmo ano.

O sábado 13 ás 12:30, no xardín do claustro do Museo, ofrecerase un concerto das pandeireteiras ‘Raigañas’, grupo nacido en Cerqueda (Malpica) en 1979 para preservar a tradición musical bergantiñá. A entrada será libre ata completar capacidade.

O xoves 18 ás 19:00, o Museo organizará a derradeira visita comentada á exposición Cantareiras. As técnicas do centro Isabel Vigo e Carme Campo guiarán o percorrido, centrado no papel das mulleres na transmisión da oralidade. A actividade é gratuíta con inscrición previa no correo do Museo.

Unha semana despois, o xoves 25 ás 19:00, terá lugar un faladoiro de Iria-Friné Vázquez Rivera sobre a obra Un ollo de vidro de Castelao, no marco do ciclo Faladoiros en Bonaval. A investigadora analizará a relación do autor co xénero fantástico e terrorífico en Galicia.

O programa do mes rematará o sábado 27 ás 20:00 co espectáculo 586 cantos, impulsado pola MICE como inicio da súa 19ª edición. A proposta, baseada no Cancioneiro Popular Galego de Dorothé Schubarth e Antón Santamarina, servirá para clausurar a mostra Cantareiras.

Ademais destas actividades abertas ao público, o Museo acollerá dúas citas profesionais: o Encontro da Federación Galeusca 2025 o sábado 20, centrado en literatura oral e intelixencia artificial, e o IV Encontro Olga Gallego de Arquivos o sábado 27 pola mañá, cunha xornada dedicada a reflexionar sobre o impacto dos desastres no patrimonio documental.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Ghaleb Jaber pronunciará o pregón das festas do Apóstolo

Ghaleb Jaber Ibrahim será o encargado de pronunciar o pregón das festas do Apóstolo,...

Bala leva o seu rock ao ciclo Atardecer no Gaiás este xoves

O ciclo Atardecer no Gaiás encara os seus últimos concertos do mes de xullo coa...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here