InicioSANTIAGOAMESA Ameixenda celebra esta fin de semana as festas de Santa Mariña

A Ameixenda celebra esta fin de semana as festas de Santa Mariña

As actividades inclúen misas, pasarrúas, sesións vermú e verbenas, cun concerto do grupo 'Alana' o domingo como broche final

Publicado o

Xornal de Compostela

A parroquia de Santa Mariña da Ameixenda, no concello de Ames, comeza este venres 29 de agosto tres días de celebracións pola súa patroa. O campo da festa da localidade acollerá misas, pasarrúas, sesións vermú e verbenas, ademais dun concerto final que terá lugar o domingo 31.

O programa arrinca o venres 29 ás 13:00, cunha misa na honra da Virxe das Dores e de Santa Mariña. A música chegará de seguido coa sesión vermú do grupo Mar de Arousa, que repetirá actuación pola noite xunto coa formación Eureka.

O sábado 30 abrirase cunha misa na honra do Santísimo Sacramento, cantada pola Coral Amigos de Javier Otero e ofrecida pola Familia Vázquez Pérez. Tras a liturxia, o grupo tradicional Requinta da Maía percorrerá as rúas da parroquia, mentres que o trío Manhattan será o encargado da sesión vermú. Pola noite será a quenda de Euphoria, unha formación chegada de Ponferrada, e do propio trío Manhattan. Durante toda a xornada, os máis pequenos poderán desfrutar de inchables instalados no recinto festivo.

O domingo 31 celebrarase unha misa na honra da Virxe do Rosario, ofrecida polas familias Mato e Corral, e acompañada de pasarrúas a cargo de Os Retranqueiros. O trío Arena actuará na sesión vermú. Pola tarde, ás 20:00, terá lugar un dos momentos máis esperados da fin de semana: o concerto de Alana, proxecto integrado por Antía Vázquez, Eloy Vidal e Pablo Castro, que presentará o seu primeiro disco O xeito á cantigha (2024), no que mesturan tradición galega con elementos de música electrónica e pop. Xa pola noite, pecharán as festas cunha nova actuación do trío Arena.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

Ames activa a Comisión da Seca e prepara un arranxo provisional na presa da Ponte Maceira

O Concello de Ames reuniu este martes a Comisión da Seca para avaliar a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here