InicioDEPORTESO Concello comproba o avance das obras no Complexo Deportivo de Santa...

O Concello comproba o avance das obras no Complexo Deportivo de Santa Isabel

Sanmartín destaca que a intervención cumpre prazos e lembra outras melloras en instalacións deportivas da cidade

Publicado o

Xornal de Compostela

O goberno municipal de Santiago realizou este mércores unha visita ao Complexo Deportivo de Santa Isabel para comprobar o avance da intervención integral que se está a desenvolver neste espazo. A alcaldesa, Goretti Sanmartín, afirmou que os traballos “van a moi bo ritmo e cumprindo prazos”, e subliñou que a actuación responde á aposta do executivo pola renovación dos equipamentos deportivos existentes, sen renunciar á creación de novos espazos.

Sanmartín agradeceu a comprensión dos clubes e usuarios durante o tempo que duren as obras, especialmente no caso da piscina, onde se retrasou un mes o inicio da intervención para non coincidir co calendario competitivo. O Concello buscou alternativas en colaboración con outros municipios para minimizar as molestias derivadas do peche.

Xunto a esta actuación, o goberno local lembrou que ao longo do verán tamén se acometeron melloras noutras instalacións. Entre elas, a accesibilidade e a cuberta do pavillón do CEIP Quiroga Palacios, así como a renovación da pista do CEIP Lamas de Abade, que presentara problemas de humidade o pasado inverno. Ademais, está previsto intervir nas cubertas dos campos de fútbol de Conxo e Fátima nas próximas semanas.

En canto ao prazo de execución das obras de Santa Isabel, está fixado en oito meses, co obxectivo de rematar no primeiro trimestre de 2026. A cuberta da piscina xa está practicamente finalizada e a do pavillón comezará a executarse nos vindeiros días.

Preguntada sobre outros proxectos, a rexedora explicou que o Complexo Deportivo de Santa Marta, comprometido para este mandato, se atopa actualmente en proceso de licitación. O Concello decidiu unificar a xestión de Sar, Santa Isabel e Santa Marta, tras unha revisión técnica da documentación.

Segundo Sanmartín, o pavillón de Santa Isabel, que acolle con frecuencia campionatos nacionais e internacionais, seguirá mantendo o seu alto nivel de uso, dado que a súa ocupación xa é do 100%, igual que acontece co resto dos pavillóns da cidade.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Roque González regresa ao Compostela para reforzar a defensa en Segunda Federación

A SD Compostela recupera a Roque González Delgado para a temporada 2026-2027. O futbolista...

A USC abre este martes a matrícula da súa oferta deportiva para o novo curso

A Universidade de Santiago de Compostela abrirá este martes, 1 de setembro, o prazo de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here