InicioCULTURAAberto'25 arranca o 18 de setembro cun percorrido artístico por cinco cidades...

Aberto’25 arranca o 18 de setembro cun percorrido artístico por cinco cidades galegas

O evento reúne dez galerías de arte contemporánea que inauguran conxuntamente a nova tempada expositiva

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

A sexta edición de Aberto’25, organizada pola asociación Contemporánea, foi presentada este xoves en Santiago cun almorzo informativo no Hotel Compostela. A iniciativa, que comezará o 18 de setembro, reúne a dez galerías de arte contemporánea situadas en Santiago, A Coruña, Vigo, Lugo e Ourense, que abrirán de forma simultánea a súa programación de outono.

A presidenta de Contemporánea, Luisa Pita, salientou que Aberto se consolidou desde a súa primeira edición en 2019 como “unha viaxe de coñecemento e descubrimento a través da arte contemporánea”, e agradeceu o apoio institucional recibido por parte da Consellería de Cultura, a entidade Abanca, a USC a través do Departamento de Historia da Arte, a Escola Mestre Mateo e a Fundación María José Jove, entre outros.

Pita destacou tamén a importancia de que o proxecto sume esforzos con institucións e empresas: “Este tipo de colaboracións son fundamentais para que un evento cultural teña continuidade e poida crecer ano tras ano”.

Pola súa parte, Lucía Suárez, directora da Galería Dupla, explicou que Aberto constitúe “a inauguración conxunta da tempada expositiva” e unha oportunidade para percorrer Galicia “a golpe de arte”. Subliñou que se trata dunha cita para “celebrar o que acontece nas nosas salas e convidar ao público a descubrir novas propostas”.

O programa deste ano inclúe mostras en todas as galerías participantes. En Santiago, a galería Trinta presentará traballos de Alberto Ardid, mentres que Luisa Pita acollerá a proposta Love is Pop do artista Salustiano. Pola súa parte, Dupla presentará obras de Samuel Salcedo e Sito Mújica, e Metro, abrirá cunha mostra de Montse Rego.

As exposicións desenvolveranse entre o 18 e o 21 de setembro, con horarios ampliados e actividades especiais en cada sala. A programación completa poderá consultarse na web de Contemporánea, onde tamén se ofrece un calendario coas distintas localizacións.

Suárez fixo un chamamento ao público a “visitar as galerías, facer a ruta e compartir a experiencia”, concluíndo que “Galicia se ve distinta cando se mira desde a arte”.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O artista de Santa Comba Lg1do lanza por sorpresa o seu primeiro álbum, ‘Sobresaliente’, tras rematar a PAU

O artista Lg1do, con 18 anos e criado en Santa Comba, lanzou por sorpresa...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here