InicioSANTIAGOAMESAmes pecha agosto con música, deporte e propostas culturais en distintas parroquias

Ames pecha agosto con música, deporte e propostas culturais en distintas parroquias

O Concello organiza esta semana concertos, andainas e actividades familiares que culminan coa edición das ‘Noites en Vela’ en Bertamiráns

Publicado o

Xornal de Compostela

O mes de agosto remata en Ames cunha intensa programación cultural e deportiva impulsada polas distintas concellarías municipais. Esta última semana combinaranse actividades para todos os públicos: concertos, xogos, rutas de sendeirismo e propostas ao aire libre en varias parroquias.

A primeira das citas será este xoves 28 de agosto coa última das andainas do ciclo ‘Camiñando no solpor 2025’, organizada pola Concellaría de Deportes e Promoción da Saúde. A saída será ás 20:00 desde o centro de saúde de Bertamiráns e percorrerá as ribeiras do Sar por Cantalarrana, Sisalde e Agro do Muíño. A actividade é gratuíta e non require inscrición. A concelleira Susana Señorís destacou que estas rutas “dan continuidade ás andainas saudables que se propoñen ao longo do ano e animan a practicar deporte no verán”.

Tamén o xoves 28, a partir das 17:30, terá lugar na praia fluvial de Tapia a derradeira sesión dos Seráns de Ames. A programación inclúe os xogos tradicionais ‘Miudiño’ para nenos e nenas de ata 12 anos e, ás 19:30, un concerto de Mary Iglesias, gañadora do concurso Canta con Ames en 2022. Esta edición dos Seráns levou un total de seis propostas a cinco parroquias distintas, consolidando o obxectivo de descentralizar a oferta cultural no municipio.

A programación de verán pechará o sábado 30 de agosto coa nova edición das ‘Noites en Vela’, organizadas polos concellos de Ames e Negreira. Previstas inicialmente para celebrarse en xullo na Ponte Maceira, tiveron que ser adiadas e trasladadas ao auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns debido á previsión de choiva. Os concertos de As Maianas e Caamaño & Ameixeiras comezarán ás 21:00 e contarán con entrada libre ata completar aforo. Ademais, haberá un autobús gratuíto desde O Milladoiro, con saída ás 20:30.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...

Ames percorre o Pazo da Peregrina nunha visita teatralizada arredor da pegada de Rosalía

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolleu o pasado sábado 20 de xuño unha...

A Xunta prevé abrir en agosto a senda peonil e ciclista entre a Intermodal e O Milladoiro

A Xunta de Galicia prevé poñer en servizo este verán, no mes de agosto,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here