InicioCULTURAA galería Araguaney inaugura a exposición 'Ecos de terra e ritmo' de...

A galería Araguaney inaugura a exposición ‘Ecos de terra e ritmo’ de Lola Saavedra

O Hotel Eurostars Araguaney acollerá a mostra, con 28 obras que combinan paisaxe, música e danza, ata o 20 de setembro

Publicado o

Xornal de Compostela

A galería de arte da Fundación Araguaney-Puente de Culturas, situada no Hotel Eurostars Araguaney de Santiago de Compostela, abrirá o vindeiro 1 de setembro ás 19:00 a exposición ‘Ecos de terra e ritmo’, da artista coruñesa Lola Saavedra.

A mostra reúne un total de 28 obras, elaboradas en formatos que van desde os 21 x 30 cm ata os 100 x 100 cm. As pezas están realizadas con técnicas diversas —acrílico, técnicas mixtas, acuarela e collage— e mesmo con materiais creados pola propia autora a partir de pigmentos e areas.

A temática percorre elementos como a paisaxe, a música e a danza, sempre desde unha visión persoal que abrangue traballos actuais e outros realizados nos últimos vinte e cinco anos. A exposición poderá visitarse ata o 20 de setembro, en horario de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00.

No seu proceso creativo, Saavedra alterna o traballo planificado con bosquexos coa creación espontánea. “Ás veces parto dunha idea que exploro a través de bosquexos e outras déixome levar polo impulso creativo, sen preparación nin idea previa. A miña obra intenta reflectir esa liberdade e esa conexión coa vida, a través do que me inspira en cada momento”, explicou a autora.

Lola Saavedra (A Coruña, 1965) é licenciada en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid e profesora de Educación Plástica e Visual en Secundaria. Conta con obra en coleccións da Xunta de Galicia e en fondos privados de España, Italia e Marrocos, ademais de ter realizado murais en centros públicos galegos. Participou tamén en proxectos de arte urbana como as Meninas de Canido (Ferrol, 2017) ou o Ruarte Fest (A Coruña, 2019).

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Ghaleb Jaber pronunciará o pregón das festas do Apóstolo

Ghaleb Jaber Ibrahim será o encargado de pronunciar o pregón das festas do Apóstolo,...

Bala leva o seu rock ao ciclo Atardecer no Gaiás este xoves

O ciclo Atardecer no Gaiás encara os seus últimos concertos do mes de xullo coa...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here