InicioECONOMÍAA Xunta e o Concello de Santiago reuniranse o 2 de setembro...

A Xunta e o Concello de Santiago reuniranse o 2 de setembro para tratar a zona tensionada

A conselleira María Martínez Allegue sinala que o encontro técnico servirá para aclarar os requisitos que debe cumprir Raxoi

Publicado o

Xornal de Compostela

A Xunta de Galicia e o Concello de Santiago manterán unha reunión o vindeiro 2 de setembro para abordar a posible declaración da cidade como zona de mercado residencial tensionado. Así o confirmou este martes a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, quen expresou a súa confianza en que a cita sexa “produtiva”.

Allegue lembrou que “desde un primeiro momento” o Goberno galego ofreceu colaboración ao Concello, chegando a contactar directamente coa alcaldesa, Goretti Sanmartín, antes de que se presentase o requirimento formal. “O requirimento non foi cumprimentado polo que tivemos que desistir na solicitude”, indicou.

Segundo a conselleira, foi posteriormente cando o Concello de Santiago trasladou á Xunta a súa disposición a celebrar un encontro, que se desenvolverá en clave exclusivamente técnica. O obxectivo será clarificar e analizar os puntos que debe resolver o Concello “se quere ser realmente declarado zona tensionada”.

ÚLTIMAS

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

A CEP denuncia o abandono da comisaría de Santiago tras máis de dous meses do incendio

A Confederación Española de Policía (CEP) denunciou publicamente o que considera unha situación de...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do...

Santiago impulsa un programa para crear experiencias turísticas e diversificar a oferta máis alá do casco histórico

O Concello de Santiago presentou un novo programa de creación de produtos turísticos co...

O PSdeG reclama negociación para decidir o destino de máis de cinco millóns procedentes da venda de parcelas municipais en Santiago

O Grupo Municipal Socialista no Concello de Santiago instou ao goberno local a abrir...