InicioPOLÍTICASanmartin manifesta a "intención de chegar a un acordo" coa Xunta sobre...

Sanmartin manifesta a “intención de chegar a un acordo” coa Xunta sobre a zona de vivenda tensionada

A alcaldesa de Santiago asegura que a cidade cumpre coas características requiridas e busca explicar a súa solicitude antes da reunión do 1 de setembro

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, manifestou “intención e vontade de chegar a un acordo” coa Xunta a unha semana da reunión agendada para o 1 de setembro co fin de abordar a petición de declaración de zona de mercado residencial tensionado, que o Goberno galego pediu que Raxoi reiniciase.

En declaracións aos medios este luns, a rexedora volveu a defender a solicitude presentada por Santiago, xa que considera que hai “razóns fundadas” para tela en conta e “cumpre” coas características e criterios requiridos. “O que queremos é explicarlle e escoitar tamén todo o que nos teña que dicir a Xunta respecto diso do informe que nos presentamos”, manifestou.

Neste sentido, insistiu en que, en paralelo, seguirán adiante coa tramitación dun recurso de reposición para “facilitar” que o Goberno local poida continuar coa tramitación do expediente.

APARCADOIRO DO CHUS

Preguntada polos medios, Sanmartín expuxo que o Concello estará “vixiante” en que o proxecto do novo aparcadoiro do Complexo Universitario Hospitalario de Santiago (CHUS) non se limite “exclusivamente” á dotación dun aparcadoiro, senón que teña en conta as cuestións que lle “interesan” a Raxoi en canto a accesibilidade e mobilidade e permita “ordenar o territorio” nunha contorna máis ampla.

A Xunta informou o fin de semana de que recibiu catro ofertas para o contrato de redacción do proxecto. “Esperemos que se resolva cuantos antes e que poida comezar a ser unha realidade. Pero, evidentemente, o control dos tempos respecto ao proxecto de licitación está nas mans da Xunta”, insistiu Sanmartín.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...