InicioSANTIAGOA Xunta pon en servizo a nova senda peonil e ciclista entre...

A Xunta pon en servizo a nova senda peonil e ciclista entre a Intermodal e San Caetano

O percorrido de 3,3 km, cun investimento de 2,4 millóns de euros, forma parte do Eixo de Mobilidade Sostible de Santiago

Publicado o

Xornal de Compostela

A Xunta de Galicia completou as obras da senda peonil e ciclista que conecta a Estación Intermodal de Santiago coa zona administrativa de San Caetano, coa posta en funcionamento do novo paso inferior baixo a SC-20 e das rampas accesibles.

O itinerario dispón agora dunha alternativa máis directa de acceso pola avenida de Rodríguez de Viguri e a avenida de Lugo, a través do carril de servizo que desemboca no paso inferior, polo que poden circular tamén as bicicletas.

A senda, cunha lonxitude de 3,3 quilómetros, supuxo un investimento de 2,4 millóns de euros e permite realizar o traxecto en bicicleta en arredor de 12 minutos. Ao longo do percorrido conéctanse diferentes espazos da cidade como As Brañas do Sar, o barrio de Fontiñas, centros educativos e deportivos, así como áreas comerciais.

Este novo tramo intégrase no Eixo de Mobilidade Sostible de Santiago, que ten como obxectivo unir O Milladoiro coa Intermodal, San Caetano e o Complexo Hospitalario Universitario (CHUS). Unha vez completado, este corredor disporá de 10,5 km de sendas peonís e ciclistas cun investimento global superior aos 11 millóns de euros, financiados pola Xunta con fondos europeos Next Generation.

Segundo destacou o Goberno galego, a actuación busca favorecer os desprazamentos a pé e en bicicleta dentro da cidade, reducir o uso do coche privado e mellorar a mobilidade sustentable en Santiago.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...