InicioSANTIAGOO CiQUS crea microgotas sintéticas que replican funcións básicas das células vivas

O CiQUS crea microgotas sintéticas que replican funcións básicas das células vivas

As novas estruturas, feitas con dendrímeros, manteñen a súa estabilidade en condicións fisiolóxicas e amosan potencial para terapias avanzadas e medicina rexenerativa

Publicado o

Xornal de Compostela

O Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da Universidade de Santiago (CiQUS) deu a coñecer un avance que abre novas vías no campo da biotecnoloxía: a creación de microgotas sintéticas capaces de imitar funcións esenciais das células vivas.

Segundo informou o centro, estas partículas combinan dous trazos característicos das células naturais: un interior densamente concentrado e unha membrana protectora e permeable que regula o intercambio co exterior. O segredo está no uso de dendrímeros, polímeros sintéticos con estrutura ramificada que lles confiren unha estabilidade moi superior á doutros modelos artificiais.

O director do estudo, Eduardo Fernández, explicou que o equipo logrou que as microgotas manteñan a súa integridade “en ambientes con elevadas concentracións de sal, onde os coacervados convencionais se desestabilizan”. Ademais, estas estruturas foron quen de encapsular proteínas de forma selectiva, facilitar reaccións encimáticas en fervenza e establecer procesos de comunicación química, reproducindo fenómenos propios das células vivas.

Outro dos achados destacados é a súa capacidade para interactuar con células naturais mediante mecanismos de transdución de sinais, un comportamento que as converte en candidatas prometedoras para aplicacións en medicina rexenerativa, terapias dirixidas e construción de tecidos artificiais.

O traballo foi publicado na revista Journal of the American Chemical Society (JACS) baixo o título ‘Dendritic Membranized Coacervate Microdroplets: A Robust Platform for Synthetic-Living Cell Consortia‘.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

A Maker Faire Galicia abre en Santiago cunha xornada centrada no emprendemento e a innovación social

A Maker Faire Galicia inaugurou este venres en Santiago de Compostela a súa XII...

Un modelo da USC permite prever como reducir a calor nas cidades mediante cambios urbanísticos

O incremento das temperaturas está a aumentar o impacto da meteoroloxía sobre a saúde...

Santiago realiza 85 inspeccións a pisos turísticos no que vai de ano e constata un alto cumprimento das suspensións

O departamento de Urbanismo do Concello de Santiago realizou, no que vai de 2026,...