InicioPOLÍTICAO PP reclama melloras de seguridade viaria nos accesos ao colexio 'Quiroga...

O PP reclama melloras de seguridade viaria nos accesos ao colexio ‘Quiroga Palacios’

Os concelleiros Olaya Otero e José Ramón de la Fuente instan ao goberno local a limpar a maleza e habilitar espazos para peóns nas rúas do contorno do centro educativo

Publicado o

Xornal de Compostela

Os concelleiros do Partido Popular en Santiago, Olaya Otero e José Ramón de la Fuente, visitaron esta semana os accesos ao colexio Quiroga Palacios, onde denunciaron “a falta de seguridade coa que alumnos, nais, pais e o resto da comunidade educativa teñen que convivir a diario para acceder ao centro a pé”.

Os edís populares lembraron que o curso escolar está a piques de comezar e solicitaron ao executivo local que actúe con urxencia. Entre as medidas que propoñen está a limpeza e roza da maleza que invade parte da calzada e a reserva de espazos para o tránsito peonil, co obxectivo de reducir o risco de accidentes.

Segundo explicou De la Fuente, as familias que se desprazan a pé desde Volta do Castro, Choupana ou Santa Marta deben realizar un percorrido “cheo de dificultades, xa que en boa parte teñen que camiñar pola vía compartindo espazo cos vehículos”. Pola súa banda, Otero incidiu en que “en determinados treitos sería necesaria unha intervención máis profunda, pero noutros bastaría cunha limpeza axeitada para mellorar a seguridade”.

As queixas céntranse nas rúas Conxo de Arriba, Monte de Conxo e Travesía da Poza, así como no camiño estreito que enlaza estas vías e que desemboca directamente na estrada de Monte de Conxo. Esta situación, sen beirarrúas nin beiravías, obriga aos escolares a saír directamente á calzada, un feito que se agrava nas horas punta de entrada e saída do centro, cando se concentran numerosos vehículos na zona.

ÚLTIMAS

Monbus sitúase de novo á fronte do novo contrato de transporte urbano de Santiago

O novo contrato de transporte urbano de Santiago deu este luns, 22 de xuño,...

Mercedes Rosón encabezará unha candidatura propia ás municipais de 2027

As concelleiras non adscritas de Santiago anunciaron este martes a posta en marcha dunha...

O colectivo feminista Materfem denuncia ante os xulgados de Santiago que se están “minimizando” casos de violencia de xénero

O colectivo Materfem, Maternidades Feministas Galegas, concentrouse na mañá deste martes diante do edificio...

O Premio Literario San Clemente recibe o Premio Nacional ao Fomento da Lectura

O Premio Literario San Clemente, promovido polo IES Rosalía de Castro de Santiago de...

Mercedes Rosón encabezará unha candidatura propia ás municipais de 2027

As concelleiras non adscritas de Santiago anunciaron este martes a posta en marcha dunha...

Lara Méndez respecta a candidatura independente das exconcelleiras socialistas e defende que o PSdeG presentará un proxecto de cidade en Santiago

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, afirmou que respecta a decisión das...

O Concello presiona a adxudicataria para reactivar as obras da rúa García Lorca

O Concello de Santiago manterá a presión sobre a empresa responsable das obras da...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here