InicioSOCIEDADEGoretti traslada "toda a súa solidariedade" tras o incendio na Mesquita de...

Goretti traslada “toda a súa solidariedade” tras o incendio na Mesquita de Córdoba

O incendio se declarou nunha capela lateral e cuberta da Mesquita-Catedral de Córdoba pasadas as 21.00 horas deste venres

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, trasladou “toda a súa solidariedade” coa cidade de Córdoba e co seu alcalde, José María Bellido, –membro do Grupo de Cidades Patrimonio do que forma parte Compostela e que Sanmartín preside–, tras o incendio rexistrado este venres na Mesquita de Córdoba. “O pasado setembro asistín a un concerto da Orquestra de Córdoba na Mesquita desta cidade con motivo do Congreso Mundial das Cidades Patrimonio da Humanidade. Toda a miña solidariedade con esta cidade e co seu alcalde, membro do Grupo de Cidades Patrimonio do Estado español”, compartiu a través das súas redes sociais. Cómpre lembrar que o incendio se declarou nunha capela lateral e cuberta da Mesquita-Catedral de Córdoba pasadas as 21.00 horas deste venres.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...