InicioCULTURAO programa Apego leva contos, música e maxia ao parque de Bonaval...

O programa Apego leva contos, música e maxia ao parque de Bonaval durante todo agosto

As actividades desenvolveranse todos os martes ás 18:00 con acceso libre e espectáculos para público infantil e familiar

Publicado o

Xornal de Compostela

Durante o mes de agosto, o parque de Bonaval converterase cada martes nun espazo de encontro para a infancia e as familias coa lingua galega como protagonista. O programa Apego organiza unha nova edición das súas actividades ao aire libre, que comezarán cada semana ás 18:00 na plataforma dos arcos, con entrada libre e sen necesidade de inscrición previa. En caso de choiva, as sesións desprazaranse a espazos cubertos, que se comunicarán a través das redes sociais do proxecto (Facebook e Instagram).

A proposta para este mes inclúe cuatro espectáculos para público a partir de tres anos, que combinan narración oral, música, monicreques, humor e maxia. A primeira cita será o martes 5 de agosto co espectáculo Lingoreteira, da compañía Xarope Tulú. A narradora Atenea García e o músico Nicolás Zamorano renderán homenaxe á tradición oral e á figura da ‘lingoreteira’, a través de contos, cancións e un monicreque que acompañará as historias.

O seguinte martes, 12 de agosto, será a quenda da compañía Tropa de Trapo con Contos para nenas grandes e pequenas. Nesta sesión recóllense relatos protagonizados por mulleres de diferentes idades, con mensaxes arredor da igualdade, o diálogo, o amor e a memoria. A proposta combina tamén música en directo e está orientada a fomentar o respecto e a convivencia.

O martes 19 de agosto, os chefs Fran Rei e Félix Rodríguez abrirán o seu restaurante máis saboroso co espectáculo ‘Máis Saaabor!’, unha evolución da súa proposta escénica de 2017. Mestura de maxia, comedia e gastronomía, a función fai un percorrido polos sabores do mundo e promove unha alimentación diversa e saudable, con moita interacción co público e ingredientes teatrais para todos os gustos.

A programación pecharase o 26 de agosto co ilusionista Mago Paco e o seu novo espectáculo Ledícias, centrado na participación do público e no humor familiar. Cun formato dinámico e cheo de xogos, esta sesión está pensada para compartir un momento máxico entre xeracións e para rematar o verán entre risas e sorpresa.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Alcalá Norte actuará en Santiago o 6 de marzo de 2027 para presentar o seu segundo disco

A banda madrileña Alcalá Norte ofrecerá un concerto en Santiago de Compostela o próximo...

O Concurso Fran Pérez Narf celebrará a súa final en Santiago co regreso aos escenarios dos Quinindiolas

O Salón Teatro de Santiago de Compostela será o escenario este sábado, 24 de...

Troyanos de Compostela abrirá ao público o seu ensaio do luns no centro sociocultural do Romaño

A agrupación Troyanos de Compostela ofrecerá o próximo luns, 19 de outubro, un ensaio...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here