InicioPOLÍTICAO PP reclama obras de seguridade viaria na contorna do colexio Divino...

O PP reclama obras de seguridade viaria na contorna do colexio Divino Maestro antes do comezo do curso

José Ramón de la Fuente acusa o goberno local de "indolencia" por non acometer os traballos durante o verán

Publicado o

Xornal de Compostela

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Ramón de la Fuente, instou esta semana ao goberno local a que execute con urxencia as obras necesarias na contorna do colexio Divino Maestro, en Santa Marta, co obxectivo de garantir a seguridade viaria e a mobilidade peonil antes do comezo do curso escolar.

O edil popular criticou a falta de actuación na parcela situada entre o colexio e a igrexa de Santa Marta, un espazo que cualificou como “caótico” e que, segundo asegurou, leva tempo en mal estado sen que se produza ningunha mellora por parte do executivo local. “Xa advertimos a principios de ano da situación desta zona, pero pasaron seis meses e non se fixo nada, pese a que o propio concelleiro de Obras recoñeceu a existencia dun anteproxecto”, declarou.

Segundo o PP, o espazo colindante co centro educativo funciona actualmente como un aparcadoiro improvisado, sen orde nin delimitacións, polo que non se garante a accesibilidade mínima para persoas con mobilidade reducida, nin a seguridade para os nenos e nenas que acceden ao colexio diariamente. De la Fuente explicou que a vía non permite dobre sentido de circulación e que os vehículos pasan fronte á entrada da igrexa, xerando situacións que considera “de auténtico perigo”.

O concelleiro tamén se referiu á demolición, hai dous meses, dun muro situado ao carón da igrexa, que se atopaba en estado ruinoso e representaba un risco para a cidadanía. Porén, asegurou que as chuvias posteriores provocaron escorrentías de terra e pedras cara á beirarrúa e á calzada, debido a que a intervención realizada foi “insuficiente” e “non tivo en conta os efectos do tempo”.

Neste contexto, De la Fuente censurou o que definiu como “falla de planificación” por parte do goberno local, ao non aproveitar os meses de verán para acometer estes traballos sen interferencias co curso escolar. “O BNG tivo tempo dabondo para actuar, pero a súa coñecida indolencia e incapacidade de xestión provocan unha situación de risco para a veciñanza e a comunidade educativa”, concluíu.

Polo momento, o goberno municipal non se pronunciou publicamente sobre as declaracións do edil do PP nin sobre o calendario previsto para a intervención nesta zona.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

O PP pregunta polo futuro da naturalización da Lagoa do Auditorio tras a perda dos fondos europeos

A concelleira do Partido Popular de Santiago, Rosario Ferreiro, pediu explicacións ao goberno local...

Sanmartín reivindica as novas conexións de Lavacolla e chama a abordar a seguridade “dende o rigor”

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, puxo este venres o foco no incremento de...

O PP reclama executar o contrato de sinalización intelixente do patrimonio e Sanmartín asegura que xa está en marcha

O Partido Popular de Santiago reclamou ao goberno municipal de BNG e Compostela Aberta...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here