InicioPOLÍTICABorja Verea reclama unha intervención “integral e inmediata” en Monte de Deus...

Borja Verea reclama unha intervención “integral e inmediata” en Monte de Deus e Vite

O portavoz popular critica o estado dos barrios e acusa ao goberno local de desatención xeneralizada en toda a cidade

Publicado o

Xornal de Compostela

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, realizou unha visita aos barrios de Monte de Deus e Vite para avaliar o seu estado e reunirse coa asociación veciñal da zona. Acompañado polo concelleiro José Ramón de la Fuente, o portavoz popular denunciou o que cualificou como unha situación de “abandono prolongado” e falta de atención por parte do goberno local.

Durante o percorrido, Verea alertou sobre o que definiu como un “notable deterioro”, tanto nas infraestruturas como nos espazos públicos. Segundo afirmou, estes dous barrios representarían unha “zona cero” da desatención municipal, exemplificando unha problemática que, na súa opinión, se repite por toda a cidade.

“Sexa cal sexa o barrio que visitemos —dixo—, a falta de coidado por parte do goberno nacionalista é evidente”, en referencia ao executivo municipal conformado polo BNG e Compostela Aberta. Entre os exemplos que citou, mencionou áreas como Guadalupe, Fontiñas, Sar, A Peregrina, A Barciela, Río Sarela, Vista Alegre, Castiñeiriño, O Pexigo, Meixonfrío, Figueiras ou Laraño, todas elas con “problemas similares”.

En Monte de Deus, o portavoz popular fixo especial fincapé na situación do miradoiro, que describiu como “un dos máis espectaculares da cidade, completamente deixado á súa sorte, sen seguridade nin servizos básicos”. Tamén se referiu á carencia de mantemento nas zonas verdes, aos desperfectos no firme e á falta de canalizacións axeitadas, que, segundo indicou, provocan inundacións recorrentes.

Unha das queixas reiteradas foi a escaseza de colectores de lixo, un problema que, segundo denunciou, leva tempo sendo reclamado pola asociación veciñal sen obter resposta do Concello. “É incrible que a estas alturas non teñan nin contestado”, lamentou.

Verea acusou o goberno local dunha “falla total de capacidade de xestión”, asegurando que “a cidade está paralizada, con servizos básicos que non funcionan e sen atención ás necesidades reais da veciñanza”.

Como remate, comprometeuse a seguir levando estas demandas á axenda pública e esixiu unha intervención urxente e completa en Monte de Deus e Vite, co obxectivo de mellorar a calidade de vida da súa veciñanza e poñer fin ao que cualificou como “un abandono institucional continuado”.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Marta Álvarez reclama ao Concello de Santiago medidas ante os incendios nun baixo de Romero Donallo

A concelleira non adscrita de Santiago de Compostela, Marta Álvarez, reclamou ao Goberno municipal...

Pedro Blanco e o Ateneo de Santiago reclaman recuperar o liderado cultural e institucional de Compostela

O candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, reuniuse coa directiva do...

Borja Verea destaca as máis de 400 vivendas públicas da Xunta en Santiago e aposta por facilitar que os mozos poidan quedar na cidade

O presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, reivindicou o papel dos investimentos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here