InicioSANTIAGOXesús Domínguez supervisa as obras de Puente La Reina, que encaran o...

Xesús Domínguez supervisa as obras de Puente La Reina, que encaran o final da súa primeira fase

O proxecto de reurbanización mellora pavimentos, servizos e accesibilidade nun treito de 1.415 metros cadrados, cun investimento de case 400.000 euros

Publicado o

Xornal de Compostela

O concelleiro de Vías e Obras do Concello de Santiago, Xesús Domínguez, visitou este venres as obras de reurbanización da rúa Puente La Reina, onde destacou o bo ritmo dos traballos e anunciou que se aproxima o remate da primeira fase. A intervención abrangue unha superficie de 1.415 m² e supón unha actuación integral que inclúe a mellora dos pavimentos, a renovación das redes de servizos e a reconfiguración dos espazos públicos co obxectivo de facer unha rúa máis accesible e habitable.

Durante a visita, Domínguez estivo acompañado polo encargado da obra, quen lle explicou o estado actual dos traballos. Segundo trasladaron, xa se executaron as actuacións de demolición, completáronse os primeiros tramos das redes de servizos e avanzouse significativamente na colocación dos novos pavimentos. Os próximos pasos inclúen o formigonado da calzada e a colocación do mobiliario urbano, a sinalización viaria e os elementos de xardinería.

Un dos cambios máis salientables será a implantación dunha nova rede separativa de saneamento, substituíndo a rede unitaria preexistente. A obra tamén contempla a renovación da rede de abastecemento de auga, a incorporación dunha nova rede de rega e o soterramento da cablaxe eléctrica e de telecomunicacións. Ademais, está prevista a reubicación dos colectores de lixo.

No tocante á accesibilidade, as novas beirarrúas gañan en anchura e en continuidade, eliminando desniveis e resaltes. As interseccións redeseñáronse para reducir as distancias de cruzamento, e os pasos de peóns serán elevados para mellorar a seguridade viaria.

Outro dos aspectos destacados é o reforzo do verde urbano, coa plantación de novos exemplares arbóreos colocados de maneira máis uniforme e continua. O obxectivo é mellorar a calidade ambiental e o confort da veciñanza nun espazo que aspira a ser máis acolledor e funcional.

Antes do inicio das obras, o concelleiro mantivo unha reunión informativa coa veciñanza da rúa, acompañado por Xan Duro, concelleiro de Mobilidade e Convivencia. Desde o Concello aseguran que durante todo o proceso de execución mantéñense canles abertas de comunicación cos residentes, co fin de responder a calquera incidencia.

A obra foi adxudicada o 24 de marzo á empresa ALCOMTE GALICIA SL cun orzamento de 394.536,54 euros (IVE incluído) e un prazo de execución de cinco meses. Se se mantén o ritmo actual, os traballos estarán rematados a finais do verán ou comezos do outono.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here