InicioPOLÍTICADimite a responsable de Protocolo de Santiago tras a polémica pola Medalla...

Dimite a responsable de Protocolo de Santiago tras a polémica pola Medalla de Galicia á princesa

A renuncia chega dúas semanas despois de que Goretti Sanmartín atribuíse ao seu departamento a falta de contraste sobre a súa asistencia ao acto de homenaxe a Leonor

Publicado o

Xornal de Compostela

A responsable do departamento de Protocolo do Concello de Santiago presentou a súa dimisión, segundo confirmaron fontes municipais a Europa Press, nun contexto marcado pola controversia en torno á ausencia da alcaldesa Goretti Sanmartín na entrega da Medalla de Galicia a Leonor de Borbón. A renuncia prodúcese dúas semanas despois de que a rexedora atribuise ao seu equipo unha “falta de contraste” na xestión da súa presenza institucional no evento.

A noticia da dimisión fixo pública este mércores o portavoz do PP, Borja Verea, durante o pleno municipal, aínda que nun ton interrogativo: “Non se se é certo. Gustaríanos saber se dimitiu e a causa”, manifestou. O edil chegou a cuestionar se a decisión foi unha reacción digna ante “as falacias da alcaldesa” ou se responde a outros motivos.

A alcaldesa compostelá evitou confirmar directamente a dimisión, pero si recoñeceu que existiu unha “mala comunicación” entre o seu gabinete e o servizo de Protocolo, e asumiu persoalmente o erro: “Esa comunicación necesitaba un contraste posterior que non se produciu”, indicou, reiterando que ela mesma expresara a vontade de asistir ao acto “antes de recibir ningunha invitación expresa dun acto aparte, creado unicamente para enxalzar a monarquía”.

Sanmartín precisou tamén que a persoa agora dimitida formaba parte do persoal eventual e non era funcionaria, subliñando que se trata dunha praza que nunca existiu como tal no cadro de persoal, pero que o Concello ten intención de regularizar.

O debate tivo lugar durante a discusión dunha moción de reprobación presentada polo PP, que foi aprobada cos votos favorables dos populares, do PSOE e dos edís non adscritos. Os portavoces da oposición coincidiron en criticar tanto a ausencia da alcaldesa como a súa explicación posterior.

O popular José Antonio Constenla cualificou a non asistencia como unha “ausencia inxustificada” e acusou a rexedora de protagonizar “un acto verdadeiramente miserable, sen precedentes e impropio de quen pretende liderar unha institución”. Pola súa parte, o edil non adscrito Gonzalo Muíños lamentou que se sinalara a profesionais que “non poden defenderse”, e o socialista Gumersindo Guinarte asegurou que Sanmartín “se equivocou” e que “non lle correspondía opinar” sobre o mérito da persoa homenaxeada.

A rexedora respondeu que a polémica é artificial e forma parte dun intento de “criminalización do BNG”. Aproveitou tamén para defender a necesidade de contar con “espazos institucionais para o republicanismo” e criticou que a concesión da Medalla de Galicia non fose acordada coas forzas políticas municipais.

Finalmente, acusou a Constenla de avalar en redes sociais comentarios ofensivos sobre ela, nos que se lle atribuían cualificativos como “cateta” ou “monicreque en mans dunha Bildu Etarra”. O concelleiro popular negou as acusacións, mais as interaccións foron recollidas pola propia Sanmartín durante a súa intervención plenaria.

Comentario de José Antonio Constenla en Facebook en resposta ás inxurias contra á que que fora responsable de procolo do Concello – Facebook

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

O PP pregunta polo futuro da naturalización da Lagoa do Auditorio tras a perda dos fondos europeos

A concelleira do Partido Popular de Santiago, Rosario Ferreiro, pediu explicacións ao goberno local...

Sanmartín reivindica as novas conexións de Lavacolla e chama a abordar a seguridade “dende o rigor”

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, puxo este venres o foco no incremento de...

O PP reclama executar o contrato de sinalización intelixente do patrimonio e Sanmartín asegura que xa está en marcha

O Partido Popular de Santiago reclamou ao goberno municipal de BNG e Compostela Aberta...