InicioECONOMÍAO Concello de Santiago aproba un Plan Económico Financeiro ao incumprir a...

O Concello de Santiago aproba un Plan Económico Financeiro ao incumprir a regra de gasto por 6,7 millóns de euros

O pleno municipal dá o seu visto e prace ao pago de 268 facturas de distintos centros xestores cun valor de 1,38 millóns de euros

Publicado o

Xornal de Compostela

Concello de Santiago aprobou en pleno un Plan Económico Financeiro ao incumprir a regra de gasto do 2024 por 6,7 millóns de euros, cos votos a favor do bipartito (BNG e Compostela Aberta) e ante a abstención dos concelleiros non adscritos e do PP. Esta foi a mesma postura adoptada polos grupos políticos ante un recoñecemento extraxudicial de crédito, que tamén saíu adiante tras ser incluído na orde da sesión de forma “urxente” ao non poder terminalo o interventor por unha circunstancia persoal.

Isto permitirá pagar un total de 268 facturas pendentes de 28 centros xestores, por un importe conxunto de 1,38 millóns de euros. Nalgúns casos, estas son facturas que pertencen a contratos que xa están regularizados, como poden ser o de telefonía, o de fotocopiadoras ou o acordo marco relativo aos envíos postais. Noutros casos, son débedas que corresponden a contratos en procesos de licitación, como son os de conserxería e limpeza de centros educativos e o de eficiencia enerxética das instalacións municipais.

PLAN ECONÓMICO FINANCEIRO

En canto ao Plan Económico Financeiro, o concelleiro de Facenda, Manuel César, defendeu que unicamente se incumpriu a regra de gasto e deu por executados os obxectivos de estabilidade orzamentaria e de límite da débeda, outros supostos que poden levar á elaboración de tal plan. Ante as críticas do resto de grupos da corporación municipal pola súa xestión económica, o edil insistiu en que o Concello de “non se atopa nunha situación alarmante no que se refire a as súas finanzas”.

Asegurou que o cociente de endebedamento está “lonxe” do suposto que marca a lei, a pesar de que o PP e os concelleiros non adscritos criticaron superar o período medio de pago a provedores. Así mesmo, César cargou contra a Lei de estabilidade orzamentaria, que regula a elaboración deste plan e, segundo incidiu, promovida polo antigo ministro de Facenda, Cristóbal Montoro. A este xuízo sumouse despois a alcaldesa, Goretti Sanmartín. “É difícil cumprir unha norma que non teña en conta peculiaridades de cada administración local e que ignora por completo o resto de indicadores que mostran robustez financeira das entidades para facer fronte a ese maior nivel de gasto”, criticou.

CRÍTICAS Á XESTIÓN ECONÓMICA MUNICIPAL

De “mala xestión” acusáronlles os socialistas, que, a través de Marta Abal, chamaron a realizar un “control exhaustivo” sobre a execución orzamentaria, de modo que esta se adecúe ás previsións do plan. “É verdade que gastan máis, pero diminúen a execución do capítulo de investimentos nun millón e medio respecto ao 2023”, criticou. En nome dos concelleiros non adscritos, Gonzalo Muíños, ademais de criticar o “incumprimento” do período medio de pago a provedores, censurou o mesmo respecto diso do prazo máximo para presentar este plan. Ao mesmo tempo, defendeu a súa abstención como un acto de “responsabilidade”. A concelleira popular Rosario Ferreiro engadiu á lista de críticas pola xestión económica do bipartito unha “baixa” porcentaxe de execución orzamentaria, o “uso abusivo” dos recoñecementos extraxudiciais de créditos e un “elevado número de contratos precarios”.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

Santiago deberá acudir ao fondo estatal de pago a provedores con 7,79 millóns de euros financiables

O Concello de Santiago de Compostela terá que participar de maneira obrigatoria no fondo...

O turismo que enche Santiago non vén do Camiño: o 77 % dos visitantes non son peregrinos

O 77 % dos turistas que visitan Santiago non son peregrinos, fan un gasto...

María Rozas destaca o labor da Plataforma polo Emprego na inserción laboral de persoas en risco de exclusión

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, participou...