InicioMOV. SOCIAISA Asociación de Pacientes do CHUS denuncia demoras de ata 17 días...

A Asociación de Pacientes do CHUS denuncia demoras de ata 17 días na atención primaria malia o plan de verán do Sergas

Critican que o reforzo anunciado pola Consellería de Sanidade non chega a todos os centros de saúde e agrava o deterioro estrutural da atención na área Santiago-Barbanza

Publicado o

Xornal de Compostela

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS volveu advertir sobre o grave deterioro da atención primaria na área sanitaria de Santiago–Barbanza, especialmente durante os meses de verán, malia a posta en marcha do plan de reforzo da Consellería de Sanidade, dotado con 12 millóns de euros para contratacións temporais e substitucións de profesionais.

Segundo a entidade, a realidade dos centros de saúde composteláns continúa marcada por demoras prolongadas na asignación de citas, peches de axendas e falta de substitucións, situación que cualifican de “inaceptable” e que aseguran padecer tamén durante o resto do ano.

O centro de saúde de Vite é un dos máis afectados, con axendas bloqueadas desde finais de maio e tempos de espera de ata 16 días, segundo denuncias recollidas pola asociación. A aplicación e-Saúde, segundo indican, non permite solicitar consultas por doenzas novas, obrigando a acudir presencialmente para forzalas e sobrecargando aínda máis os equipos médicos.

Unha situación similar rexístrase no centro de Concepción Arenal, onde se documentaron demoras de 16 días para atención presencial, mesmo para cuestións rutineiras como a renovación de receitas. Outros centros afectados son Fontiñas, Bertamiráns e Rianxo, con atrasos que oscilan entre os 8 e os 14 días.

A pesar de que o plan estival do Sergas contempla o reforzo nos centros con maior demanda, desde a asociación denuncian que non está a garantir a cobertura nin sequera da dotación ordinaria, o que contribúe á sobrecarga asistencial e, a medio prazo, ao esgotamento do persoal.

“Estamos a padecer unha inversión dos coidados, recibindo unha atención inferior á legalmente garantida”, apuntan no comunicado, onde tamén alertan dunha dinámica que leva aos pacientes a optar polas urxencias hospitalarias ou a asistencia privada, acentuando a presión sobre o sistema sanitario público.

Desde a asociación insisten en que a sobrecarga de traballo dos profesionais provoca baixas temporais e deteriora aínda máis a situación, establecendo diferenzas entre pacientes ‘propios’ e ‘engadidos’ por ausencias doutros profesionais, o que lles fai sentir “como unha molestia”. Lembran que “ninguén escolle enfermar no verán” e reclaman o dereito a unha atención digna en calquera época do ano.

Por todo iso, esixen ao Sergas e á xerencia da área sanitaria que adopten medidas estruturais e definitivas, máis aló dos reforzos estacionais, para garantir a calidade asistencial e frear o que consideran unha estratexia de desmantelamento da atención primaria.

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS mantén aberta unha canle de comunicación para recoller novas denuncias a través do correo electrónico apacienteschus@gmail.com e das súas redes sociais.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here