InicioPOLÍTICAO PSdeG de Santiago destaca os avances sociais e económicos do goberno...

O PSdeG de Santiago destaca os avances sociais e económicos do goberno de Pedro Sánchez

Os socialistas composteláns salientan o impacto das políticas estatais na cidade e instan ao Concello a activar a declaración de Santiago como zona tensionada

Publicado o

Xornal de Compostela

O PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela fixo este luns un balance dos dous anos de lexislatura do presidente Pedro Sánchez, cunha rolda de prensa na que participaron o secretario xeral local, Aitor Bouza; o senador pola provincia da Coruña, Manuel Mirás; e o secretario das Xuventudes Socialistas de Santiago, Iago Carril. Os tres representantes coincidiron en sinalar que “nunca houbo tanta xente traballando neste país” e que as políticas socialistas teñen mellorado de forma directa a vida da cidadanía, tamén en Compostela.

O senador Manuel Mirás subliñou que a actual lexislatura é “probablemente a mellor desde a democracia” en termos de emprego, dereitos e renda. A nivel estatal, destacou a creación de máis de 800.000 empregos e o récord histórico de 22,2 millóns de persoas afiliadas á Seguridade Social, das cales “preto da metade son mulleres”. Tamén sinalou o descenso do paro xuvenil e o aumento do salario mínimo interprofesional nun 60%, así como a mellora das pensións medias na provincia da Coruña, que pasaron de 982 euros en 2018 a 1.359 euros en 2025 no caso das de xubilación, e de 588 a 843 euros nas de viuvez.

Mirás fixo fincapé no ingreso mínimo vital e nos fondos Next Generation, que segundo dixo están “modernizando o país como ningún outro”, así como na recente ampliación dos permisos de maternidade e paternidade, que chegan ata os 32 meses no caso das familias monoparentais. Tamén puxo en valor o crecemento económico español, que cualificou de “superior á media europea”, e o incremento da confianza internacional, cun aumento das investimentos exteriores e mesmo unha revalorización do IBEX 35.

IMPACTO LOCAL EN COMPOSTELA

Pola súa banda, o líder das Xuventudes Socialistas compostelás, Iago Carril, salientou medidas que inciden directamente na mocidade da cidade, como o bono de vivenda de 250 euros, a creación dunha empresa pública de vivenda, e a tarxeta única de transporte, prevista para 2026. Tamén destacou o aumento dun 60% das becas e a “democratización das vacacións” ao facilitar viaxes máis accesibles.

Carril acusou á Xunta de Galicia de “inacción” e criticou que só invista o 30% dos fondos dispoñibles para acceso á vivenda. Fronte a isto, defendeu que o goberno estatal “está a facer os deberes” mentres que “a Xunta pon paus nas rodas”.

CRÍTICA Á PASIVIDADE DO CONCELLO COA ZONA TENSIONADA

Aitor Bouza aproveitou a súa intervención para facer un chamamento ao goberno municipal de Santiago, liderado por Goretti Sanmartín, para que “se poña as pilas” e complete os trámites para a declaración de Santiago como zona tensionada en materia de alugueiro. Bouza puxo como exemplo o caso da Coruña, onde o executivo de Inés Rey logrou a súa aprobación no BOE, a pesar de comezar máis tarde os trámites que en Compostela.

Bouza insistiu en que o Concello “ten que cumprir cos requisitos canto antes” e que “se hai que modificar ou mellorar os informes, que se faga”. Sinalou que esta medida permitiría limitar os prezos do alugueiro nunha cidade afectada pola presión turística e a demanda estudantil.

INFRAESTRUTURAS E VIVENDA PÚBLICA

O secretario local do PSdeG salientou tamén avances en infraestruturas como a posta en funcionamento da Estación Intermodal Daniel Castelao e a gratuidade da AP-9 e AP-53, que conectan Compostela con outras áreas da comunidade. En materia de vivenda, lembrou o compromiso do Goberno co proxecto de vivenda pública en Peleteiro, que será 100% asequible.

Finalmente, Bouza defendeu que “a vida da xente mellorou grazas a un goberno socialista que consolidou dereitos e avanzou en políticas públicas”, ao tempo que asegurou que a prioridade do PSdeG segue sendo “traballar por novos dereitos e solucións que garantan unha maior igualdade”.

O acto serviu así como peche dunha etapa que os socialistas consideran positiva e como pulo á acción futura, con vistas á continuidade da lexislatura ata 2027 e ao impulso de novas medidas que, segundo Bouza, “siguen afondando nos dereitos sociais”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here