InicioCULTURAO Festival C enche Compostela de actividades culturais durante todo agosto

O Festival C enche Compostela de actividades culturais durante todo agosto

O Concello e a Deputación da Coruña impulsan unha programación diversa en espazos singulares da cidade

Publicado o

Xornal de Compostela

As rúas, parques e prazas de Santiago converteranse, do 4 ao 28 de agosto, nun gran escenario ao aire libre coa celebración da quinta edición do Festival C, unha proposta cultural gratuíta que reúne máis de trinta actividades para todos os públicos. A iniciativa foi presentada esta mañá pola concelleira de Turismo, Míriam Louzao, acompañada por Xosé Penas, deputado da Deputación da Coruña, entidade colaboradora do evento.

A programación inclúe espectáculos de danza, teatro, contacontos, concertos, cinema ao aire libre, maxia e circo, cun marcado carácter familiar e comunitario. “Queremos que Compostela transcenda o puramente turístico tamén en agosto, que se viva e se habite a cidade doutro xeito, cun vínculo íntimo coa cultura e co espazo público”, explicou Louzao, quen agradeceu tamén o labor do equipo do Auditorio de Galicia na coordinación das propostas.

Un dos espazos máis singulares do festival será, un ano máis, o Cemiterio de Bonaval, onde todos os luns ás 20:00 haberá sesións de danza contemporánea, como o espectáculo Mover Montañas de Alberto Velasco —candidato aos Premios Max—, ou pezas de compañías como Glovo, Dexeito e Fran Sieira. Tamén se desenvolverá un laboratorio de creación e movemento a cargo da coreógrafa portuguesa Tânia Carvalho, cuxo resultado poderá verse o 14 de agosto na Casa das Máquinas.

O paseo da Ferradura da Alameda acollerá cada mércores o ciclo Por que non cantades todas?, centrado na tradición oral e a música popular galega, con actuacións das cantareiras de Ultreia, Brincadeira e Cantigas e Agarimos. Os martes ás 18:00, no marco do programa Apego, os máis pequenos poderán desfrutar de contacontos nos arcos de Bonaval con artistas como Xarope Tulú, Tropa de Trapo, Fran Rei e Feli Rodríguez e O Mago Paco.

O circo contemporáneo terá unha presenza destacada cun total de dez obradoiros dirixidos a nenas e nenos de 3 a 14 anos, impartidos pola compañía Circonove no Parque de Galeras, ademais de espectáculos os xoves na Praza da Quintana, como Dale Ramón! de Trapu Zaharra, Ovella Negra do Dúo Laos ou Mute da compañía vasca Orain Bi. O festival rematará o xoves 28 con Olympics, de Nacho Vilar e Yllana.

Tamén se inclúen dúas noites de cinema ao aire libre, os días 26 e 27 de agosto na rúa Concepción Arenal, con proxeccións dos filmes Daguerrotipos, de Agnès Varda, e Fai o que debas, de Spike Lee.

A entrada a todas as actividades será libre e gratuíta ata completar aforo, excepto os obradoiros de circo, que requiren inscrición previa no correo circonoveoficina@gmail.com.

Durante a rolda de prensa, Xosé Penas destacou o compromiso da Deputación da Coruña coa cultura como “un dereito que hai que garantir”, e puxo en valor a capacidade do Festival C para “repartir actividade por toda a cidade e achegarse a públicos diversos”. Salientou ademais que Compostela actúa como “eixo cultural da comarca”, algo que, ao seu xuízo, non se dá con igual intensidade noutros concellos da contorna.

Louzao, pola súa banda, fixo referencia tamén á taxa turística, afirmando que este xoves se elevará ao Pleno a resposta ás alegacións presentadas polas entidades hostaleiras. Afirmou que “non hai ningunha ilegalidade” e que todos os informes técnicos avalan a proposta, malia a “virulencia” dalgunhas reaccións: “O ton non axuda ao sector, nin á convivencia institucional. A decisión está tomada”, concluíu.

Toda a programación pode consultarse actualizada nas redes e na web de Compostela Cultura.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Alcalá Norte actuará en Santiago o 6 de marzo de 2027 para presentar o seu segundo disco

A banda madrileña Alcalá Norte ofrecerá un concerto en Santiago de Compostela o próximo...

O Concurso Fran Pérez Narf celebrará a súa final en Santiago co regreso aos escenarios dos Quinindiolas

O Salón Teatro de Santiago de Compostela será o escenario este sábado, 24 de...

Troyanos de Compostela abrirá ao público o seu ensaio do luns no centro sociocultural do Romaño

A agrupación Troyanos de Compostela ofrecerá o próximo luns, 19 de outubro, un ensaio...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here