InicioPOLÍTICARueda defende a súa postura sobre a migración e di coincidir co...

Rueda defende a súa postura sobre a migración e di coincidir co arcebispo de Santiago

O presidente da Xunta sinala que a súa posición sobre os migrantes foi malinterpretada e volve cargar contra o Goberno central pola repartición dos menores non acompañados

Publicado o

Xornal de Compostela

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, rexeitou este luns sentirse interpelado polas palabras do arcebispo de Santiago, Francisco José Prieto, quen durante a tradicional Ofrenda ao Apóstolo cualificou como “inaceptable” o uso dos migrantes e refuxiados “como arma política”.

“Dixemos o mesmo de diferentes maneiras“, respondeu Rueda, preguntado en rolda de prensa tras a reunión do Consello da Xunta. O titular do Goberno galego asegurou que leva “moito tempo” reiterando que “os migrantes son persoas” que chegan a Galicia coa esperanza de construír unha vida mellor para eles e as súas familias, e que por tanto cómpre “organización” e evitar “improvisacións nin cálculos políticos”.

No seu argumentario, Rueda volveu criticar o Executivo central pola xestión da acollida dos menores non acompañados, dos que —sinalou— Galicia debe asumir máis de 300, mentres que, segundo os seus datos, “a Cataluña non se lle asigna ningún”. Para o presidente galego, esta situación é unha mostra de “utilización política” e afirmou que o Goberno estatal trata os menores “como pura mercadoría”.

O mandatario popular defendeu que a solución pasa por un control de fronteiras eficaz, para evitar o que cualificou como “efecto chamada”, e por unha regulación ordenada da inmigración que permita tanto respectar a dignidade das persoas migrantes como cubrir necesidades laborais do país: “O que propoñemos é razoable, afastado da pelexa política”, asegurou. “Se ao que se refería o arcebispo é a iso, estou totalmente de acordo”.

COMPETENCIAS PARA PERMISOS DE TRABALLO

Rueda tamén abordou en rolda de prensa a solicitude que a Xunta remitiu ao Goberno central para que Galicia poida autorizar permisos de traballo para persoas migrantes. “A petición acaba de ser enviada“, explicou, e engadiu que comezará a preocuparse se, pasado o verán, segue sen haber resposta por parte do Executivo estatal.

“Agora mesmo non temos ningunha noticia e quero pensar que o Goberno está centrado en cuestións importantes, como esta”, declarou.

O presidente da Xunta expresou o seu desexo de que, a partir de setembro, o Goberno do Estado designará un interlocutor co que poder avanzar nesta transferencia e garantir unha xestión áxil e eficaz da inmigración laboral. Tamén reclamou trato equivalente ao doutras comunidades, como o País Vasco, que segundo indicou “non tiveron problemas” para acceder a esta competencia.

“Estamos a falar dunha necesidade que vai en beneficio de todos“, concluíu Rueda, ao tempo que reiterou a vontade da Xunta de ordenar a inmigración sen instrumentalizar politicamente ás persoas que chegan ao país.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Marta Álvarez reclama ao Concello de Santiago medidas ante os incendios nun baixo de Romero Donallo

A concelleira non adscrita de Santiago de Compostela, Marta Álvarez, reclamou ao Goberno municipal...

Pedro Blanco e o Ateneo de Santiago reclaman recuperar o liderado cultural e institucional de Compostela

O candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, reuniuse coa directiva do...

Borja Verea destaca as máis de 400 vivendas públicas da Xunta en Santiago e aposta por facilitar que os mozos poidan quedar na cidade

O presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, reivindicou o papel dos investimentos...