InicioSOCIEDADERosalía de Castro recibe unha emotiva homenaxe en Bonaval

Rosalía de Castro recibe unha emotiva homenaxe en Bonaval

A alcaldesa de Santiago e o conselleiro de Cultura encabezaron o acto cívico e relixioso no Panteón de Galegas e Galegos Ilustres.

Publicado o

Xornal de Compostela

Diversas autoridades renderon homenaxe neste venres 25 de xullo, Día de Galicia, á insigne escritora Rosalía de Castro nun acto relixioso e cívico no Panteón de Galegas e Galegos Ilustres de Bonaval, en Santiago de Compostela.

Participaron o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, entre outros representantes. Este ano tamén contou con representantes de centros galegos do exterior, como unha Casa de Galicia de Brasil e outra de Miami.

A Igrexa de San Domingos de Bonaval acolleu a tradicional misa que nesta data ofíciase en recordo dunha das figuras principais da cultura e da identidade galegas. Posteriormente, as autoridades e os representantes das principais institucións culturais de Galicia, xunto cos demais asistentes, realizaron unha ofrenda floral na sepultura da escritora.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Intelixencia artificial, robótica e impresión 3D entran na programación dos centros socioculturais de Santiago

A rede municipal de centros socioculturais de Santiago de Compostela porá en marcha no...

O Festival Agustín Magán celebra 25 anos cunha edición récord de dez compañías en Santiago

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán chega este ano á súa 25ª edición...

O Museo do Pobo Galego programa en setembro encontros sobre Rafael Baltar, poesía, patrimonio téxtil e memoria do exilio

O Museo do Pobo Galego inicia setembro cunha programación que combina arquitectura, investigación, literatura,...