InicioSOCIEDADEUnha alfombra floral honra a Díaz Pardo na Praza da Inmaculada

Unha alfombra floral honra a Díaz Pardo na Praza da Inmaculada

A obra efémera, realizada por 40 alfombristas galegos, rende homenaxe ao artista e galeguista no marco das festas do Apóstolo.

Publicado o

Xornal de Compostela

Unha alfombra floral conmemora ao artista e intelectual galeguista Isaac Díaz Pardo (1920-2012) na compostelá Praza da Inmaculada, nun lateral da Catedral, con motivo das festas de Santiago.

Esta obra foi realizada pola Federación de Asociacións de Alfombristas Galegos de Arte Efémera. Foi confeccionada por 40 alfombristas galegos e ocupa unha superficie de 12 por oito metros.

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, visitou este venres, Día de Galicia, esta obra efémera, onde encomiou o traballo, que supón “un punto de visita máis para os miles de visitantes da cidade”.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Alcalá Norte actuará en Santiago o 6 de marzo de 2027 para presentar o seu segundo disco

A banda madrileña Alcalá Norte ofrecerá un concerto en Santiago de Compostela o próximo...

O Concurso Fran Pérez Narf celebrará a súa final en Santiago co regreso aos escenarios dos Quinindiolas

O Salón Teatro de Santiago de Compostela será o escenario este sábado, 24 de...

Troyanos de Compostela abrirá ao público o seu ensaio do luns no centro sociocultural do Romaño

A agrupación Troyanos de Compostela ofrecerá o próximo luns, 19 de outubro, un ensaio...