InicioSOCIEDADEO Concello de Santiago volve dicir ‘non’ ás pantallas públicas para a...

O Concello de Santiago volve dicir ‘non’ ás pantallas públicas para a Eurocopa feminina

O goberno local rexeita, como en ocasións anteriores, a petición do PP de instalar unha pantalla na Praza Roxa para ver a final entre España e Inglaterra.

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago, do mesmo xeito que en anteriores ocasións, reiterou que non prevé instalar grandes pantallas no espazo público. Así o informou aos medios tras unha nova petición do PP para proxectar en Praza Roxa a final da Eurocopa feminina, que se celebrará este domingo e na que España xoga contra Inglaterra O concelleiro popular José Ramón de la Fuente trasladou esta petición na mañá deste venres.

Nun audio remitido aos medios, apunta que a clasificación de España para a final da Eurocopa “xera unha enorme ilusión entre afeccionados e cidadanía”, polo que reclama que se poida compartir o encontro e celebrar a vitoria, se ocorre, nun lugar público.

Neste caso, suxeriu a Praza Roxa como “lugar idóneo” por ser un espazo céntrico, de fácil acceso e con capacidade suficiente para acomodar un gran número de persoas con seguridade. Este asunto xa xerou polémica o ano pasado, coa final da Eurocopa masculina. Entón, o Concello tampouco instalou a pantalla, pero si o fixo a Deputación da Coruña no seu lugar.

“Estamos seguros de que esta vez a alcaldesa non dirá que non. Trátase do combinado feminino, que leva nos últimos anos desenvolvendo un fútbol que ilusiona a afeccionadas e afeccionados e que lle levou a conquista o Mundial no 2023”, sinalou o edil do PP, antes de coñecer o novo ‘non’ do Concello.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...