InicioCULTURAAisge merca a Sala Yago e prepara a súa reactivación como espazo...

Aisge merca a Sala Yago e prepara a súa reactivación como espazo cultural en Santiago

A alcaldesa Goretti Sanmartín celebrou a adquisición dun inmoble histórico da rúa do Vilar pola entidade de xestión de dereitos dos intérpretes

Publicado o

Xornal de Compostela

A Sala Yago, situada na rúa do Vilar de Santiago de Compostela, inicia unha nova etapa tras a súa compra pola Fundación Aisge (Artistas Intérpretes, Sociedad de Gestión de España), que formalizou recentemente a adquisición do inmoble co obxectivo de reabrilo como espazo de creación e difusión cultural.

A operación foi abordada este mércores nun encontro celebrado na Casa do Concello, no que participaron a alcaldesa Goretti Sanmartín, a concelleira de Capital Cultural Míriam Louzao e o concelleiro de Urbanismo Iago Lestegás, xunto co director xeral de Aisge, Abel Martín Villarejo, e a delegada da entidade en Santiago, a actriz Isabel Blanco.

Durante a xuntanza, abordáronse os plans da fundación para a rehabilitación e posta en marcha da Sala Yago, un espazo que, no pasado, funcionou como cinema e centro cultural, e que leva anos pechado. O Concello valorou positivamente esta operación, que contribuirá a dinamizar o tecido cultural compostelán e a recuperar un edificio emblemático da cidade histórica.

Goretti Sanmartín cualificou a adquisición como “unha moi boa noticia para Santiago e para Galicia”, destacando que suporá “a recuperación dun espazo de dinamismo cultural e dun edificio singular”. A rexedora expresou o apoio do goberno local á nova etapa que se abre para este enclave no corazón do casco vello.

Pola súa banda, tanto o director da fundación como a súa delegada en Compostela mostraron a súa satisfacción pola compra e pola oportunidade que representa para o conxunto do sector artístico galego. Subliñaron o compromiso da entidade con propostas culturais de base escénica e audiovisual, en especial as vinculadas co traballo de actores e actrices.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Intelixencia artificial, robótica e impresión 3D entran na programación dos centros socioculturais de Santiago

A rede municipal de centros socioculturais de Santiago de Compostela porá en marcha no...

O Festival Agustín Magán celebra 25 anos cunha edición récord de dez compañías en Santiago

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán chega este ano á súa 25ª edición...

O Museo do Pobo Galego programa en setembro encontros sobre Rafael Baltar, poesía, patrimonio téxtil e memoria do exilio

O Museo do Pobo Galego inicia setembro cunha programación que combina arquitectura, investigación, literatura,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here