InicioMOV. SOCIAISArtistas galegos promoven un acto por Palestina con música, cinema e poesía...

Artistas galegos promoven un acto por Palestina con música, cinema e poesía na Oficina Rúa

O evento celebrarase o 26 de xullo en Santiago e recadará fondos para a UNRWA

Publicado o

Xornal de Compostela

O espazo Oficina Rúa, na rúa San Pedro de Santiago de Compostela, acollerá o venres 26 de xullo a partir das 18:00 un acto cultural en apoio á causa palestina. A proposta, impulsada por un grupo de artistas galegos, mestura cinema, poesía e música co obxectivo de denunciar o xenocidio do pobo palestino en Gaza e reivindicar o seu dereito á autodeterminación. A entrada funcionará baixo o modelo de billeteira inversa, e os fondos recadados destinaranse á Axencia das Nacións Unidas para as persoas Refuxiadas de Palestina (UNRWA).

O programa arrancará coa proxección de dúas curtametraxes: Película urxente por Palestina (2012), do cineasta galego Alberte Pagán, e Schakale und Araber (2011), obra do recoñecido director francés Jean-Marie Straub, falecido en 2022. De seguido, Pagán será entrevistado pola xornalista e poeta Charo Lopes, coa que conversará sobre a súa experiencia na Marcha a Gaza, unha acción internacionalista en apoio ao pobo palestino.

A parte literaria do evento virá da man do poeta Mahmoud Darwish (1941-2008), figura clave da poesía palestina contemporánea. Recitaranse algúns dos seus textos, traducidos ao galego por Moncho Iglesias na antoloxía Carné de identidade (2012).

No apartado musical actuarán dous proxectos galegos: o Võ Chí Công Ensemble, unha formación que combina libre improvisación, jazz experimental e ruidismo, e O’ Leo de Matamá, artista polifacético que aposta por unha canción de intervención con influencias punk.

A cita, que conta coa colaboración do Colectivo Colapso e da tenda Discos El Muelle, busca unir o compromiso político coa creación artística. Segundo os organizadores, trátase de facer da cultura “un espazo de denuncia e solidariedade”.

A Oficina Rúa, sede do evento, é un proxecto impulsado polos artistas Xoana Almar, Miguel Peralta e Novenoel, centrado nas artes aplicadas e convertido en punto de encontro para propostas críticas e independentes no tecido cultural compostelán.

ÚLTIMAS

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

A CEP denuncia o abandono da comisaría de Santiago tras máis de dous meses do incendio

A Confederación Española de Policía (CEP) denunciou publicamente o que considera unha situación de...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do...

A CEP denuncia o abandono da comisaría de Santiago tras máis de dous meses do incendio

A Confederación Española de Policía (CEP) denunciou publicamente o que considera unha situación de...

O estudantado da USC convoca folga o 28 de abril para reclamar melloras no ensino público

O movemento estudantil da Universidade de Santiago de Compostela anunciou a convocatoria dunha folga...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here