InicioPOLÍTICAO PSdeG solicita no Pleno un plan para arranxar as beirarrúas deterioradas...

O PSdeG solicita no Pleno un plan para arranxar as beirarrúas deterioradas de Fontiñas

O grupo socialista propón a substitución das árbores que levantan o pavimento por outras especies máis axeitadas e a renovación progresiva das rúas afectadas

Publicado o

Xornal de Compostela

O Grupo Municipal Socialista levará ao Pleno do Concello de Santiago unha proposta para demandar unha intervención urxente nas beirarrúas do barrio de Fontiñas, tras constatar o seu mal estado durante unha visita recente. Segundo trasladou o voceiro socialista Gumersindo Guinarte, a situación é especialmente grave na rúa Roma, pero tamén afecta a outras zonas como a rúa Berlín, a rúa Lisboa e o Paseo das Hortensias.

A problemática está causada polas raíces dos plátanos de sombra, que ao medrar deforman o pavimento das beirarrúas. Esta situación dificulta o paso peonil e supón un risco evidente, sobre todo para persoas maiores ou con mobilidade reducida. “As beirarrúas son practicamente intransitables en varios puntos do barrio”, advertiu Guinarte.

A través da proposición que será debatida neste mes de xullo, o grupo socialista solicita ao Goberno municipal, encabezado por Goretti Sanmartín, que elabore un plan de actuación por fases. Este debería incluír tanto a substitución das especies arbóreas actuais por outras máis apropiadas para contornas urbanas, como a renovación integral do pavimento das beirarrúas afectadas.

“O Goberno debe actuar xa para frear o deterioro dun barrio que é un exemplo de bo urbanismo e cuxos veciños e veciñas merecen un entorno coidado, seguro e digno”, concluíu o voceiro do PSdeG, subliñando a necesidade de recuperar a accesibilidade e a seguridade nas rúas de Fontiñas.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Marta Álvarez reclama ao Concello de Santiago medidas ante os incendios nun baixo de Romero Donallo

A concelleira non adscrita de Santiago de Compostela, Marta Álvarez, reclamou ao Goberno municipal...

Pedro Blanco e o Ateneo de Santiago reclaman recuperar o liderado cultural e institucional de Compostela

O candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, reuniuse coa directiva do...

Borja Verea destaca as máis de 400 vivendas públicas da Xunta en Santiago e aposta por facilitar que os mozos poidan quedar na cidade

O presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, reivindicou o papel dos investimentos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here