InicioCULTURASantiago converteuse no escaparate do queixo galego no Cheese Market Tour

Santiago converteuse no escaparate do queixo galego no Cheese Market Tour

O claustro de San Martín Pinario reuniu a produtores, institucións e expertos nun evento con catas, mercado e debates sobre o futuro do sector

Publicado o

Xornal de Compostela

O claustro da Hospedaría de San Martín Pinario, no corazón de Santiago de Compostela, converteuse entre o 17 e o 19 de xullo nun espazo de encontro para o sector queixeiro galego coa celebración do ‘Cheese Market Tour’, un evento que combinou promoción gastronómica, formación profesional e experiencias abertas ao público.

A iniciativa, impulsada pola Asociación QdeQuesos co apoio da Organización Interprofesional Láctea (INLAC), tivo como obxectivo poñer en valor a calidade e diversidade do queixo producido en Galicia, ao tempo que buscou reforzar o seu vínculo co territorio, achegar os consumidores á orixe dos produtos e impulsar o desenvolvemento rural.

A xornada profesional desenvolvida o xoves 17 reuniu a representantes de queixerías, administracións públicas, universidades, supermercados, entidades bancarias e asociacións do ámbito turístico, que analizaron os principais desafíos do sector nun total de cinco mesas de debate. Entre os temas abordados destacaron a comercialización, o etiquetado, a innovación tecnolóxica, a sustentabilidade do rural e o potencial do queixo como reclamo turístico.

A primeira mesa centrouse na visibilidade e puntos de venda do queixo galego, coa intervención de Ramón García Seara (‘ATHC’), Diego Pérez Mira (‘ASUGA-GADISA’), Maikel Fernández (‘Queixería Prestes’) e o hostaleiro Pati Blanco (‘Academia Galega de Gastronomía’).

No eido técnico, tomaron a palabra Lidia Ferreras (LARBUS), Laura Abuín (APLTA-USC) e Paulino Alonso (Saúde Pública de Santiago), que analizaron cuestións sanitarias, de etiquetado e I+D. A terceira mesa puxo o foco no desenvolvemento rural, coa participación de Silvestre Balseiros (Xunta), Roberto Alonso (CLUSAGA) e Jesús Combarro (ABANCA AGRO).

As denominacións de orixe protexidas tamén estiveron representadas polos seus responsables: Luis Lamas (DOP Arzúa-Ulloa), Daniel Pérez (DOP San Simón da Costa) e Carmela Cano (Queixería Galmesán), moderados por Nuria Arribas (INLAC). A última mesa abordou a dimensión turística do produto lácteo, coa participación de iniciativas como Slowfood Compostela, TROULANDA, Casa do Queixo Grixalba e Galicia Calidade, entidade que pechou o acto institucional.

A programación continuou o venres 18 con catas comentadas abertas ao público, nas que se puideron degustar e coñecer en profundidade os sabores e variedades do queixo galego, tanto con denominación de orixe como sen ela.

O sábado 19 tivo lugar o gran mercado de peche, que reuniu a 12 queixerías e 6 produtores agroalimentarios galegos no mesmo claustro compostelán. As persoas asistentes tiveron ocasión de probar e mercar produtos, participar en obradoiros formativos e vivir unha experiencia gastronómica e patrimonial nun espazo singular da cidade histórica.

Desde a organización destacan a vontade de continuidade deste evento, que pretende consolidarse como unha plataforma estable para a promoción do sector lácteo galego, e como ferramenta para fomentar a economía rural, crear sinerxías entre o mundo agrogandeiro e o turístico, e poñer en valor a identidade do queixo como símbolo do territorio galego.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Intelixencia artificial, robótica e impresión 3D entran na programación dos centros socioculturais de Santiago

A rede municipal de centros socioculturais de Santiago de Compostela porá en marcha no...

O Festival Agustín Magán celebra 25 anos cunha edición récord de dez compañías en Santiago

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán chega este ano á súa 25ª edición...

O Museo do Pobo Galego programa en setembro encontros sobre Rafael Baltar, poesía, patrimonio téxtil e memoria do exilio

O Museo do Pobo Galego inicia setembro cunha programación que combina arquitectura, investigación, literatura,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here