InicioSANTIAGOBRIÓNO Concello de Brión lanza unha campaña para fomentar o uso responsable...

O Concello de Brión lanza unha campaña para fomentar o uso responsable da auga

A iniciativa ‘A auga é vida. Aprovéitaa’ busca concienciar sobre o impacto do consumo nas reservas hídricas durante o verán

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Brión e a empresa concesionaria do servizo de augas, Espina & Delfín, veñen de activar a campaña informativa ‘A auga é vida. Aprovéitaa’ co obxectivo de promover hábitos de consumo responsables entre a veciñanza. A iniciativa chega nun contexto de elevadas temperaturas e escaseza de precipitacións, que afectan negativamente aos caudais ecolóxicos dos ríos e fan necesario preservar as reservas de auga potable.

Durante o ano 2024, os consumos no municipio acadaron os 731.418 metros cúbicos, cunha media mensual de 60.951 m³. Porén, as cifras experimentan un notable incremento nos meses de verán: só en agosto consumíronse 77.762 m³ fronte aos 43.212 rexistrados en febreiro. Isto supón un aumento do 44 % no consumo estival, precisamente cando os recursos hídricos se atopan máis tensionados.

A campaña pon o foco na sensibilización da poboación sobre a necesidade de adoptar pequenos xestos diarios que poden ter un impacto significativo no aforro de auga. Entre as recomendacións destacan pechar a billa ao enxaboar os pratos, optar por duchas en vez de baños, evitar tirar aceite ou residuos polo vertedoiro ou o inodoro, e empregar electrodomésticos como a lavadora ou o lavalouzas só cando estean a carga completa.

Tamén se suxire moderar o rego de xardíns, o lavado de vehículos e o enchido de piscinas, así como pechar a chave de paso da auga en caso de ausencias prolongadas, como as vacacións estivais.

A difusión da campaña realizarase a través de carteis nos edificios municipais e instalacións do servizo de augas, ademais das redes sociais e páxinas web do Concello e da empresa concesionaria. Desde ambas entidades fan un chamamento á cidadanía para implicarse activamente na protección dun recurso esencial cada vez máis ameazado polo cambio climático.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Brión leva a pleno uns orzamentos de 9,2 millóns para 2026, un 19% máis que en 2024

O Pleno do Concello de Brión abordará este mércores, 7 de outubro, ás 13:00,...

Brión pide tamén reducir o consumo de auga ante o aumento da demanda e a situación de seca

O Concello de Brión fixo un chamamento á colaboración da veciñanza para limitar o...

Brión abre ao público unha mostra con 33 obras doadas en homenaxe a Xosé Vizoso

O Concello de Brión inaugurou na noite deste venres unha exposición integrada por 33...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here