InicioECONOMÍAAtrasado o cobro da taxa turística para outubro tras a oposición da...

Atrasado o cobro da taxa turística para outubro tras a oposición da hostalaría a facelo en agosto

Nun encontro aberto aos encargados do cobro deste tributo, o sector hostaleiro mostrou a súa oposición á súa posta en marcha en agosto, xa que este e setembro son os meses de máis traballo para estes profesionais

Publicado o

Xornal de Compostela

A taxa turística empezará a recadarse en Santiago, finalmente, a partir do 1 outubro e non desde agosto, como prevía o Concello inicialmente. Así o anunciou este venres a concelleira de Turismo, Míriam Louzao, tras indicar o mércores que se abría a “flexibilizar” a entrada en vigor.

Nun encontro aberto aos encargados do cobro deste tributo, o sector hostaleiro mostrou a súa oposición á súa posta en marcha en agosto, xa que este e setembro son os meses de máis traballo para estes profesionais.

Segundo apuntaron varios dos asistentes nas súas intervencións, as reservas xa pagas e un menor persoal eran as súas principais preocupacións á hora de afrontar esta nova obrigación.

A ordenanza da taxa turística aínda ten que recibir a súa aprobación definitiva no pleno municipal deste mes, que se celebrará o xoves 31 de xullo. Deste xeito, Compostela converteríase no primeiro concello galego en instaurala.

 

ÚLTIMAS

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

A CEP denuncia o abandono da comisaría de Santiago tras máis de dous meses do incendio

A Confederación Española de Policía (CEP) denunciou publicamente o que considera unha situación de...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do...

Santiago impulsa un programa para crear experiencias turísticas e diversificar a oferta máis alá do casco histórico

O Concello de Santiago presentou un novo programa de creación de produtos turísticos co...

O PSdeG reclama negociación para decidir o destino de máis de cinco millóns procedentes da venda de parcelas municipais en Santiago

O Grupo Municipal Socialista no Concello de Santiago instou ao goberno local a abrir...