InicioSOCIEDADESantiago de Compostela acolle o tradicional desfile do Día do Traxe Galego

Santiago de Compostela acolle o tradicional desfile do Día do Traxe Galego

Como novidade, o desfile sairá desde as sete antigas portas da cidade vella.

Publicado o

Xornal de Compostela

O Día do Traxe Galego celebrará este domingo a súa 46ª edición en Santiago de Compostela, no marco das festas do Apóstolo, que se inician este venres. Como novidade, o tradicional desfile sairá desde as sete antigas portas da cidade vella. Así o anunciou este mércores a concelleira de Festas, Pilar Lueiro, acompañada pola presidenta e o vicepresidente da Asociación do Traxe Galego, Consuelo Vázquez e Aurelio Gianzo; así como por Eva Calvo, do departamento de comunicación e RRII do Corte Inglés Santiago, que patrocina o evento.

Esta edición terá dúas características especiais. Por unha banda, substitúese o tradicional desfile desde a Alameda por un máis integrado na cidade vella, con saída ás 12.15 horas desde as sete portas antigas para despois confluír na Praza do Obradoiro. Estes puntos son Porta Faxeira (Alameda), Porta da Mámoa (Praza de Galicia), Porta do Camiño (Praza 8 de marzo), Porta da Pena (Praza de San Roque), Porta de San Francisco (rúa Carretas) e Porta da Trinidade (Alameda).

Por outra banda, as pandeireteiras serán unha parte fundamental da animación deste desfile, que contará cunha recepción a cargo da corporación municipal ás 14.00 horas. Xa na tarde, celebraranse o desfile e concurso de traxes. Ás 16.00 horas, os participantes deben presentarse na hospedaría de San Martiño Pinario; ás 19.00 horas, realizarase o desfile desde San Martiño Pinario ata a Quintana, e ás 19,45 horas, terá lugar a exhibición, concurso de traxes e entrega de diplomas. A concelleira realizou un chamamento a toda a veciñanza “para que se anime e vir con traxe tradicionais“; e, se non é completo, que “leven algunha peza”, como un chapeu, un pano, uns pendentes ou un sapo, por exemplo.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O artista de Santa Comba Lg1do lanza por sorpresa o seu primeiro álbum, ‘Sobresaliente’, tras rematar a PAU

O artista Lg1do, con 18 anos e criado en Santa Comba, lanzou por sorpresa...