InicioSOCIEDADEO goberno local aproba o alleamento de catro parcelas destinadas a vivenda...

O goberno local aproba o alleamento de catro parcelas destinadas a vivenda protexida: nas Cancelas, na Muíña e en Traspaxonal

"A maior parte dos ingresos previstos polo alleamento destas parcelas destinaranse á adquisición e rehabilitación de edificios para o uso de vivenda pública", sinalan

Publicado o

Xornal de Compostela

A xunta de goberno acordou o alleamento, mediante concurso cun procedemento aberto, de catro parcelas do patrimonio municipal de chan destinadas pola planificación urbanística a vivenda protexida. Tal e como sinalou o Concello, a portavoz do goberno local, Miriam Louzao indicou que este alleamento permitirá materializar o destino da vivenda protexida que teñen estas parcelas de acordo co plan urbanístico e, por tanto, incrementar a curto prazo a oferta de vivenda a prezos accesibles en Santiago, onde o mercado residencial experimentou un encarecemento moi significativo na última década.

O Consistorio sinalou que o número total de vivendas estímanse ao redor de 152 e os pregos que rexen a transmisión dos bens aseguran o seu destino para uso de vivenda protexida e o cumprimento dos prazos de urbanización e edificación. As adxudicatarias deberán destinar a vivenda que constrúan a persoas que cumpran os requisitos establecidos na normativa para vivendas protexidas e deberán respectar os prezos máximos de venda ou aluguer.

Dado que o chan está cualificado para vivenda protexida, a concelleira destacou que as ulteriores transmisións das vivendas non poderán superar os prezos máximos fixados legalmente para as vivendas protexidas (coas actualizacións que permitan a normativa). Ademais, consignarase o dereito de tenteo e retrato a favor do Concello e da Administración autonómica. O Concello destacou que a valoración das parcelas foi realizada por un arquitecto municipal, de acordo coa lexislación, considerando que o seu alleamento non se pode producir por un prezo inferior ao do seu aproveitamento urbanístico.

Trátase dun contrato privado de natureza patrimonial que se rexe, por tanto, pola lexislación patrimonial e está excluído do ámbito de aplicación da lei de contratos excepto en cuestións relativas ao procedemento do concurso. Unha vez publicado no Boletín Oficial da Provincia (BOP) as persoas ou entidades interesadas terán un prazo de 45 días naturais para presentar as súas ofertas. Durante este mesmo prazo tamén se poderán presentar alegacións ao expediente.

Se o concurso, indicou Louzao, que tramitará o Servizo de Contratación a través da plataforma de contratos do Estado, queda deserto, poderán enaxenarse directamente dentro do prazo máximo dun ano nas mesmas condicións da convocatoria. Unha das parcelas sitúase nas Cancelas, outra na Muíña, e dúas en Traspaxonal. Míriam Louzao explicou que “a maior parte dos ingresos previstos polo alleamento destas parcelas destinaranse á adquisición e rehabilitación de edificios para o uso de vivenda pública”.

ÚLTIMAS

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

A CEP denuncia o abandono da comisaría de Santiago tras máis de dous meses do incendio

A Confederación Española de Policía (CEP) denunciou publicamente o que considera unha situación de...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do...

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

Funcionarios de Xustiza denuncian “explotación laboral” nos xulgados de Fontiñas

Funcionarios do xulgado de instancia de Santiago de Compostela concentráronse este xoves diante dos...

Santiago acolle o Foro Galego de Cooperación e Solidariedade con chamamentos a reforzar o compromiso institucional

O Centro de Recursos e Servizos de Apoio Empresarial (CERSEA), en Santiago de Compostela,...