InicioCULTURACine ao aire libre na Alameda: unha semana de lembranzas, comunidade e...

Cine ao aire libre na Alameda: unha semana de lembranzas, comunidade e mocidade baixo as estrelas

Unha actividade impulsada polos Orzamentos Participativos da área de Xuventude recupera o espírito do cine de verán en Santiago con proxeccións de clásicos dos 80 na Alameda.

Publicado o

Xornal de Compostela

Baixo as estrelas de Compostela, e agradecidos por unha noite sen choiva, moitísimas persoas, a maioría mozos e mozas, ocuparon gran parte da Alameda para desfrutar da última sesión dun ciclo de cine moi especial. Sentados nas cadeiras, nas escaleiras ou directamente no chan, a mocidade compostelá gozou dunha fermosa noite de verán coa película “Los Goonies”, que puxo o broche final a unha semana cargada de emocións, lembranzas e cultura compartida.

Este ciclo de cine ao aire libre foi unha das propostas máis votadas no proceso de Orzamentos Participativos da área de Xuventude do Concello de Santiago. Durante varios días, os seguidores das redes sociais da concellaría elixiron os títulos a proxectar, dando lugar a unha programación con cinco películas emblemáticas da década dos 80, que foron proxectadas de luns a venres na Alameda.

A última noite, a do venres, foi quizais a máis emotiva, con decenas de persoas reunidas para revivir “Los Goonies”, esa aventura de amizade, tesouros escondidos e veráns que non se esquecen. Moitas das persoas asistentes compartiron o valor especial desta actividade.

Lúa, por exemplo, asistiu dúas veces: “Vin onte coa miña nai para facer un plan diferente e pasámolo xenial. Ademais facía bo día e estaba moi ben fóra. Hoxe vin ca miña mellor amiga porque a película dos Goonies era a nosa favorita de pequenas, entón esta noite é moi especial”.

Rosa reviviu emocións de infancia: “Cando era máis pequena, no pobo onde pasábamos o verán sempre facían proxeccións de películas ao aire libre ata que deixaron de facelo. Encántame que se retomen estas iniciativas”.

Tamén houbo asistentes internacionais, como Mason, estudante de linguas: “Entereime de que ían proxectar películas e non puiden perdelo. Aínda que están en castelán e non as entendo de todo, sérveme para practicar tamén!”.

A actividade serviu non só para ofrecer unha alternativa de ocio cultural, senón tamén para crear espazos de encontro interxeracional, fomentar o uso do espazo público e dar visibilidade á importancia da participación cidadá na programación cultural. Un exemplo claro de como a cultura, a memoria e a mocidade poden ir da man nunha cidade viva, creativa e aberta como Compostela.

Coa Alameda como pantalla e a noite como teito, esta semana quedará na lembranza de moitos como un deses momentos nos que Compostela sabe emocionar dende a sinxeleza. E, quen sabe, quizais sexa só o comezo dunha nova tradición de verán.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here