InicioSOCIEDADEO CSIC crea un laboratorio pioneiro en Santiago para estudar a relación...

O CSIC crea un laboratorio pioneiro en Santiago para estudar a relación ancestral entre humanos e plantas

O proxecto PLANTCRAFT, liderado por María Martín Seijo, afonda na artesanía vexetal desde a Idade do Bronce ata época romana.

Publicado o

Xornal de Compostela

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) avanza no seu proxecto ‘PLANTCRAFT’, que busca reconstruír as relacións entre persoas e plantas no noroeste da Península Ibérica desde a Idade de Bronce, coa creación do Laboratorio de Arqueobotánica en Santiago.

Segundo informa o CSIC, a investigación, cofinanciada con fondos estatais e europeos, está liderada por María Martín Seijo, “propón unha nova mirada á arqueoloxía a través do estudo non só dos obxectos do pasado, senón das paisaxes que xurdiron do traballo artesanal que implica en moitas ocasións o manexo e manipulación das plantas”.

Para iso, aborda o estudo da artesanía vexetal entre a Idade do Bronce e a época romana (do 2200 a.C. ao 500 d.C.), mediante a análise de múltiples evidencias arqueolóxicas do suroeste de Europa (norte de España e Portugal).

Esta investigación “implica metodoloxías de vangarda para o rexistro e análise da artesanía vexetal, axuntando avances metodolóxicos no rexistro de escavacións, a arqueobotánica e outras técnicas analíticas, con achegas da etnoarqueología, a etnobotánica e a arqueoloxía experimental”.

“Centrámonos na recuperación e análise de obxectos arqueolóxicos elaborados con materiais vexetais –como madeira, cortiza ou fibras– que, a pesar do seu carácter perecedoiro, chegaron ata nós grazas a condicións excepcionais de conservación: o lume, a saturación de auga en covas e ríos ou o contacto con metais. Aínda que moitas veces ignorados no rexistro arqueolóxico, estes obxectos foron esenciais na vida cotiá do pasado, desde a Idade do Bronce ata a época romana“, explica Martín Seijo.

Entre os avances alcanzados ata o momento no marco deste proxecto figura a creación do Laboratorio de Arqueobotánica, integrado no Laboratorio de Arqueometría do INCIPIT, que integra os laboratorios de imaxe multibanda de alta resolución nos rangos ultravioleta, visible e infravermello, de análise de fluorescencia de raios X, de pirólisis analítica e de petrografía de materiais arqueolóxicos.

“Este novo espazo especializado, que forma parte do Catálogo de Tecnoloxías do CSIC, ofrece a entidades públicas e privadas un servizo integral de análise para a caracterización dos fráxiles macrorrestos vexetais e asesoramento en intervencións arqueolóxicas. Tamén permite a análise non só de restos carbonizados, senón tamén de madeiras alagadas e mineralizadas, así como o de fibras, incluíndo as preservadas como sinais sobre outros materiais. Por último, destaca pola posibilidade de exame de elementos manufacturados en materiais vexetais e a elaboración de propostas de prototipos baseados en modelos arqueolóxicos“, detalla Martín Seijo.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...