InicioSOCIEDADEO reitor da USC asegura que a redución do número mínimo de...

O reitor da USC asegura que a redución do número mínimo de alumnos para grao e máster “está sobre a mesa”

A normativa vixente di que durante os últimos tres anos do máster, debe haber polo menos unha media de 16 alumnos matriculados. No caso do Máster en Matemáticas, esta casuística non se cumpre, xa que a media actual dos últimos anos está en 12

Publicado o

Xornal de Compostela

Universidade de Santiago de Compostela (USC) continúa en conversacións coa Xunta para abordar a continuidade do Máster en Matemáticas, excluído da oferta académica do próximo curso. O reitor, Antonio López, trasladou que unha das cuestións “sobre a mesa” é a redución do número mínimo de alumnos necesario para impartir graos e másteres, criterio que levou á toma desta decisión. En declaracións aos medios, o responsable da USC asegurou que seguen os “encontros e contactos institucionais” entre o persoal da Consellería de Educación, FP e Universidades, a Vicerreitoría responsable e o decanato da Facultade de Matemáticas. “Enriba da mesa están varios temas: un inmediato e outro un pouco menos inmediato”, apuntou.

O máis urxente é o relativo ao próximo curso, cuestión pola que a USC celebrará este xoves un Consello de Goberno extraordinario para “avaliar esta situación”. O obxectivo central da sesión é “a análise e valoración das decisións adoptadas pola Secretaría Xeral de Universidades e do seu impacto no funcionamento da universidade”, detallou a USC nunha nota de prensa anterior. Neste sentido, a institución presentou en xuño un recurso á decisión da Xunta de non conceder a declaración de ‘singularidade’ á titulación, sobre o que aínda non recibiu unha resposta. No caso de ter este distintivo, o máster quedaría exento de cumprir o requisito do número mínimo de matriculados.

REFORMULACIÓN DO MÁSTER

De forma paralela, a Facultade xa traballa para unha reformulación do máster, que se prevé implantar o curso 2026-27. “Sería un máster que viría substituír ao que temos, pero con algunhas adaptacións e formulacións diferentes”, explicou López. O desexo da USC é, a través desta adaptación, captar máis alumnado. Ao mesmo tempo, o reitor asegurou que está “sobre a mesa” a revisión da normativa das universidades galegas, que establece un número mínimo de alumnos para graos e másteres. “É unha cuestión que xa está exposta desde hai tempo e debe seguirse traballando niso”, expuxo López.

Este criterio é o que levou á Xunta a tomar a decisión de non ofertar a titulación no próximo curso. Durante os últimos tres anos do máster, debe haber polo menos unha media de 16 alumnos matriculados. No caso do Máster en Matemáticas, esta casuística non se cumpre, xa que a media actual dos últimos anos está en 12.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

A Maker Faire Galicia abre en Santiago cunha xornada centrada no emprendemento e a innovación social

A Maker Faire Galicia inaugurou este venres en Santiago de Compostela a súa XII...

Un modelo da USC permite prever como reducir a calor nas cidades mediante cambios urbanísticos

O incremento das temperaturas está a aumentar o impacto da meteoroloxía sobre a saúde...

Santiago realiza 85 inspeccións a pisos turísticos no que vai de ano e constata un alto cumprimento das suspensións

O departamento de Urbanismo do Concello de Santiago realizou, no que vai de 2026,...