InicioSOCIEDADEAlberto Cabada asume o decanato de Matemáticas da USC con ilusión e...

Alberto Cabada asume o decanato de Matemáticas da USC con ilusión e confianza no futuro

O novo decano aposta pola cohesión, a excelencia académica e a defensa das titulacións que definen a identidade da Facultade.

Publicado o

Xornal de Compostela

O profesor Alberto Cabada Fernández tomou posesión este venres como novo decano da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela (USC), un posto que asume “coa ilusión de seguir facendo crecer a Facultade, con responsabilidade, pero tamén con alegría e confianza no futuro”.

“A Facultade de Matemáticas é moito máis que unha unidade docente e investigadora: é unha comunidade cohesionada, construída sobre o rigor, o esforzo colectivo e a vocación académica”, así definiu Cabada a facultade que dirixirá o próximos seis anos, tomando a substitución de Elena Vázquez Cendón.

No acto de toma de posesión que tivo lugar este venres, o novo decano referiuse ao caso específico do Máster en Matemáticas, sobre o que asegurou que a súa desaparición “provocará, máis pronto que tarde, un descenso na matrícula de alumnado altamente motivado e cualificado, o cal repercutirá negativamente en todas titulacións impartidas no centro e no propio dinamismo investigador”.

Ademais, segundo indicou a USC nunha nota de prensa, o novo decano tamén aproveitou para referirse como unha dos “sinais de identidade máis claras” da Facultade á “aposta decidida” polos dobres graos.

Na súa opinión, “na inmensa maioría dos casos”, tanto o grao en Matemáticas como os dobres graos asociados á Facultade “son a primeira opción escollida polos estudantes que os cursan, o que demostra a gran confianza e o alto crédito que a sociedade en xeral, e a galega en particular, deposita en nós”.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

Suspenden a audiencia contra un policía urbanístico de Santiago acusado de falsificar un informe

A Audiencia Provincial da Coruña, na súa sede de Santiago de Compostela, suspendeu este...