InicioSANTIAGOConsello de Goberno extraordinario da USC para avaliar as "actuacións" da Secretaría...

Consello de Goberno extraordinario da USC para avaliar as “actuacións” da Secretaría Xeral

Un Consello que vén convocado por iniciativa directa do propio órgano universitario, despois de que máis da metade do censo -- incluíndo representantes do profesorado, do PTXAS, e do estudiantado--, asinasen unha solicitude impulsada pola Plataforma en Defensa do Máster en Matemáticas e o Consello do Estudiantado

Publicado o

Xornal de Compostela

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) celebrará “nas próximas semanas” un Consello de Goberno extraordinario para avaliar o “impacto institucional” das actuacións da Secretaría Xeral de Universidades da Xunta.

Un Consello que vén convocado por iniciativa directa do propio órgano universitario, despois de que máis da metade do censo — incluíndo representantes do profesorado, do PTXAS, e do estudiantado–, asinasen unha solicitude impulsada pola Plataforma en Defensa do Máster en Matemáticas e o Consello do Estudiantado.

“Un feito insólito e sen precedentes, tanto pola excepcionalidade do procedemento como polo motivo que o xustifica e, de acordarse un posicionamento institucional, o Reitor deberá trasladalo formalmente ao conselleiro de Educación, Román Rodríguez, tal e como recolle a proposta”, detallou a USC nunha nota de prensa.

A solicitude, rexistrada formalmente á Secretaría Xeral da USC este luns, establece como obxectivo central da sesión “a análise e valoración das decisións adoptadas pola SXU e do seu impacto no funcionamento da universidade”.

Entre os motivos indicados está a “aplicación arbitraria” do Decreto 222/2011, “que está a provocar a desaparición de titulacións públicas sen criterio académico”. Así como a “inxustificada negativa á declaración de singularidade do Máster en Matemáticas da USC”.

A continuación, denunciou “a ignorancia deliberada da normativa cando favorece á universidade privada, autorizando titulacións duplicadas que xa están consolidadas no sistema público”. Así como a “intervención” na organización interna das universidades, como no caso do Campus de Lugo, “cuestionando titulacións específicas e promovendo sistemas e modelos lingüísticos alleos ás competencias propias da Secretaría Xeral”.

Pero tamén se referiu ao deseño de convocatorias que “penalizan o acceso” á carreira investigadora, con prazos, condicións e recortes salariais que “expulsan talento e exclúen persoas” por ter experiencia fóra de Galicia.

“A situación resulta especialmente grave non só polos feitos concretos, senón pola deterioración crecente da confianza entre a comunidade universitaria e a Secretaría Xeral de Universidades, encabezada por José Alberto Díez de Castro, cada vez máis illado institucionalmente“, subliñou.

Neste sentido, lembrou que “mesmo o grupo municipal do PP en Santiago tamén asinou unha declaración institucional, aprobada por unanimidade no Pleno do Concello, na que se solicita manter o máster e recoñecer a súa singularidade”.

Ademais, lamentou que, a pesar de que o conselleiro Román Rodríguez ofreceu en sede parlamentaria manter unha reunión cos representantes do máster, “esa reunión a día de hoxe aínda non se produciu”.

“A USC vive así un momento extraordinario, no que se abre a posibilidade real de que a universidade se pronuncie colectivamente fronte a unha deriva da xestión autonómica que ameaza o equilibrio do sistema público universitario galego”, concluíu.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...