InicioMOV. SOCIAISO fiscal xefe de Santiago fará folga ante as reformas do Goberno

O fiscal xefe de Santiago fará folga ante as reformas do Goberno

"Por primeira vez vou facer folga", incidiu, en alusión directa a aspectos que vinculou con "favoritismos".

Publicado o

Xornal de Compostela

O fiscal xefe de Santiago, Antonio Roma, anunciou este luns durante o comezo dun xuízo que irá á folga o martes, o mércores e o xoves desta semana, en contra de medidas que, na súa opinión, “acaban por trastornar o verdadeiro funcionamento do estado de dereito”.

Na súa quenda de palabra, e dirixíndose ao xurado popular, Roma avanzou que secundará o paro convocado por asociacións de xuíces e fiscais e sinalou que será a “primeira vez” que dea este paso. Ademais, pediu desculpas ás partes presentes no proceso polo efecto que isto vai ter (o xuíz Ángel Pantín, á fronte da sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, xa anunciou que se suspenden o tres xornadas previstas).

As asociacións de xuíces e fiscais –menos as progresistas– manteñen a folga convocada para os días 1, 2 e 3 de xullo contra as reformas do Goberno sobre o acceso ás carreiras e á Fiscalía. “Teño moita experiencia en casos moi significados”, destacou o fiscal Antonio Roma, quen citou o caso polo roubo do Códice Calixtino. Nos últimos tempos, pasou seis anos dedicado a un proxecto de loita contra o crime organizado, e agora volveu á Fiscalía de Santiago.

“Por primeira vez vou facer folga”, incidiu, en alusión directa a aspectos que vinculou con “favoritismos“. “Acabamos por trastornar o verdadeiro funcionamento do estado de dereito”, criticou. Así, fixo unha breve alegación en defensa da democracia e das “regras mínimas do sistema”, para terminar pedindo desculpas polos efectos da folga.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

A Asociación de Pacientes do CHUS denuncia unha demora de ata 22 meses para tratar unha lesión grave de xeonllo

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou o caso dunha muller de...

Arelas convoca unha concentración en Santiago polo Día Internacional da Visibilidade Non Binaria

A asociación Arelas anunciou a convocatoria dunha concentración en Santiago de Compostela con motivo...