InicioCULTURAThe Rapants inauguran o ciclo 'Atardecer no Gaiás' con once concertos ata...

The Rapants inauguran o ciclo ‘Atardecer no Gaiás’ con once concertos ata agosto

O festival de verán da Cidade da Cultura arrinca este xoves con música galega, urbana e de raíz contemporánea

Publicado o

Xornal de Compostela

O ciclo de concertos Atardecer no Gaiás regresa este xoves á praza central da Cidade da Cultura de Galicia cun cartel que inclúe 11 datas e 15 artistas, e que se estenderá ata o 21 de agosto, con actuacións programadas todos os xoves e venres ás 21:00, agás nos festivos do 24 e 25 de xullo e 14 e 15 de agosto. A proposta da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude mantén a súa aposta por unha oferta musical gratuíta e aberta ao público, centrada en artistas emerxentes ou consolidados do panorama galego e lusófono.

A primeira actuación será a do grupo ‘The Rapants’, que presentará no Gaiás o seu disco A máquina do bo rolo, caracterizado por un pop con influencias surfer e un ton vitalista. A banda compostelá, con forte presenza nos festivais galegos dos últimos anos, será a encargada de abrir o calendario estival na Cidade da Cultura este xoves 3 de xullo.

Ademais de The Rapants, o ciclo contará con artistas como Eris Mackenzie, que mestura electrónica minimalista e tradición galega; Lua de Santana, unha cantante viguesa de ascendencia brasileira que achega ao Gaiás unha proposta baseada na música club, soul e ritmos afrolatinos; e Mocho Gris, un proxecto galego-portugués que transita entre o jazz, o fado e as músicas de raíz.

A programación completa inclúe tamén outros nomes relevantes da escena urbana e alternativa, buscando ofrecer un espazo diverso para novos públicos. A organización destaca que o evento serve como escaparate para a creación contemporánea galega, ademais de funcionar como punto de encontro ao aire libre nas noites do verán compostelán.

Os concertos celebraranse na praza central do Gaiás, un espazo habitual para esta iniciativa, que o pasado ano congregou centos de persoas en cada unha das citas. A entrada é libre ata completar aforo, sen necesidade de reserva previa.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Intelixencia artificial, robótica e impresión 3D entran na programación dos centros socioculturais de Santiago

A rede municipal de centros socioculturais de Santiago de Compostela porá en marcha no...

O Festival Agustín Magán celebra 25 anos cunha edición récord de dez compañías en Santiago

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán chega este ano á súa 25ª edición...

O Museo do Pobo Galego programa en setembro encontros sobre Rafael Baltar, poesía, patrimonio téxtil e memoria do exilio

O Museo do Pobo Galego inicia setembro cunha programación que combina arquitectura, investigación, literatura,...