InicioSANTIAGOA Xunta remata as obras de reparación da cuberta do Hospital Psiquiátrico...

A Xunta remata as obras de reparación da cuberta do Hospital Psiquiátrico de Conxo

A intervención, cun orzamento de máis de 700.000 euros, prolongouse durante once meses e incluíu melloras estruturais e de conservación no claustro e o patio interior

Publicado o

Xornal de Compostela

O antigo mosteiro de Conxo, actualmente utilizado como Hospital Psiquiátrico e xestionado pola Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, vén de concluír un proceso de reparación e conservación arquitectónica que se prolongou durante once meses. A actuación, promovida pola Consellería de Sanidade, contou cun investimento total de 712.550 euros, segundo informou a Xunta a través dun comunicado.

Os traballos centrados na cuberta do edificio, unha das zonas máis deterioradas pola exposición ao tempo, consistiron na colocación de tella cerámica curva, a instalación de illamento térmico no forxado e a montaxe de novas xanelas tipo “velux”, que permiten a entrada de luz natural e melloran a ventilación dos espazos interiores.

Ademais das intervencións na parte superior do inmoble, tamén se acometeron melloras significativas no conxunto do edificio histórico. Procedeuse á limpeza e rejuntado das fachadas, á recuperación da madeira na planta baixa e ao acondicionamento do patio interior e do claustro, espazos singulares que forman parte do valor patrimonial do antigo mosteiro.

O inmoble de Conxo, situado na parroquia compostelá do mesmo nome, é un dos conxuntos monásticos máis relevantes da cidade e acolle desde hai décadas funcións sanitarias no ámbito da psiquiatría pública. Con esta intervención, a Xunta pretende garantir a seguridade estrutural e a habitabilidade do centro, ao tempo que conserva un ben de interese arquitectónico e histórico.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...