InicioECONOMÍAA USC pecha 2024 cun superávit de 1,65 millóns e marca récord...

A USC pecha 2024 cun superávit de 1,65 millóns e marca récord na captación de fondos para investigación

A USC pecha 2024 cun superávit de 1,65 millóns e marca récord na captación de fondos para investigación

Publicado o

Xornal de Compostela

A Universidade de Santiago de Compostela rematou o exercicio económico de 2024 cun superávit orzamentario de 1,65 millóns de euros, segundo se deu a coñecer este venres durante a sesión do Consello de Goberno. O resultado, atribuído principalmente á execución de proxectos de investigación financiados polo Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, marca o peche dun ciclo económico de sete exercicios baixo a dirección do actual equipo reitoral, iniciado en 2018.

Ao longo destes dous mandatos, a USC presentou contas con superávit en seis dos sete exercicios, agás no ano 2020, cando a pandemia da Covid-19 impactou nas finanzas da institución. Dende a reitoría subliñaron o “esforzo importante” realizado neste tempo, duplicando os recursos xestionados en investigación e mantendo unha estrutura de gasto controlada. A universidade apostou pola contención orzamentaria, ao tempo que avanzou na renovación e mantemento das infraestruturas.

Durante 2024, os ingresos totais acadaron os 345,53 millóns de euros, unha cifra que se eleva a preto de 360 millóns se se inclúen os organismos dependentes da universidade. A través do Plan Galego de Financiamento Universitario, a USC recibiu 216 millóns de euros, un incremento do 7,5% respecto a 2023.

En paralelo, a captación de fondos para I+D+i alcanzou os 109 millóns de euros, mantendo a liña ascendente dos últimos anos. O reitorado puxo en valor o labor do persoal investigador e das estruturas universitarias que fixeron posible este nivel de financiamento.

No capítulo de gastos, a USC destinou 120,55 millóns de euros ao persoal docente e investigador, un 5% máis que no exercicio anterior. No apartado de persoal técnico, de xestión e administración e servizos, o gasto foi de 61,39 millóns de euros, cun incremento do 5,69%, que inclúe os custos derivados do desenvolvemento do sistema transitorio de carreira administrativa e do complemento de desempeño.

Tamén medrou significativamente o investimento en persoal vinculado a proxectos de investigación, que supuxo 42,83 millóns de euros, un 10,86% máis ca en 2023. Este aumento responde á incorporación de 75 persoas máis en relación ao ano anterior, consolidando así a aposta pola investigación como un dos eixos fundamentais da política universitaria da USC nos últimos anos.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

Santiago deberá acudir ao fondo estatal de pago a provedores con 7,79 millóns de euros financiables

O Concello de Santiago de Compostela terá que participar de maneira obrigatoria no fondo...

O turismo que enche Santiago non vén do Camiño: o 77 % dos visitantes non son peregrinos

O 77 % dos turistas que visitan Santiago non son peregrinos, fan un gasto...

María Rozas destaca o labor da Plataforma polo Emprego na inserción laboral de persoas en risco de exclusión

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, participou...