InicioSANTIAGOBesteiro cualifica de "normal" a postura dos socialistas de Vigo, A Coruña...

Besteiro cualifica de “normal” a postura dos socialistas de Vigo, A Coruña e Santiago sobre a facultade de Medicina

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, apunta a orixe da polémica sobre Medina "á situación desde 2015 cando se acordou un convenio no que se impulsaba a descentralización" da Facultade da capital galega

Publicado o

Xornal de Compostela

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, sinalou como “lóxica e normal” a postura dos diferentes grupos municipais do PSOE en Vigo, A Coruña e Santiago sobre a Facultade de Medicina, aínda que defendeu “compartir” o centro universitario “a condición de que”, engadiu, “a Xunta faga os deberes” e cumpra coa “descentralización”.

A preguntas dos medios sobre cal é a posición dos socialistas galegos en relación con este asunto, xa que as diferentes agrupacións locais reivindicaron unha facultade nas súas respectivas cidades, Besteiro recoñeceu que estas peticións entran “dentro do normal, o lóxico e o racional”, atendendo “á situación desde 2015 cando se acordou un convenio no que se impulsaba a descentralización” da Facultade da capital galega.

Unha Facultade que, en opinión do líder do PSOE galego, non estaba pensada “só para Santiago”, senón “pensada para Galicia” porque “se pensaba utilizar os servizos sanitarios do tres zonas” e esa era “unha forma de compartir esa facultade de maneira eficiente”.

Ese obxectivo, lamentou, “non se cumpriu” porque a Xunta “non fiscalizou o cumprimento en 2015 e iso permitiu que xurdisen reivindicacións lexítimas”.

Por todo iso, puxo o foco en que “esa gran facultade” senta “representada en cada un deses lugares”. “A Xunta foi o que non fixo e é o que temos que renovar agora”, insistiu antes de apelar ao camiño de “avanzar na descentralización” e en “compartir”, mentres afirmou que “a denominación é o de menos”, senón a presenza do centro universitario e que se vexan representados en Vigo, A Coruña e Santiago.

“Esas peticións que se fan son lexítimas e entendo que nese camiño de poder compartir a Facultade de Medicina é posible a condición de que a Xunta faga os deberes que non fixo desde o 2015”, resolveu.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

Suspenden a audiencia contra un policía urbanístico de Santiago acusado de falsificar un informe

A Audiencia Provincial da Coruña, na súa sede de Santiago de Compostela, suspendeu este...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here