InicioSANTIAGOBOQUEIXÓNA Festa da Filloa de Lestedo é declarada de Interese Turístico Nacional

A Festa da Filloa de Lestedo é declarada de Interese Turístico Nacional

Autoridades locais e representantes do Goberno en Galicia destacaron a importancia cultural da festividade

Publicado o

Xornal de Compostela

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, e o alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, celebraron, almorzando filloas, a declaración da Festa da Filloa de Lestedo como Festa de Interese Turístico Nacional (FITN).

Fixérono durante o acto de presentación da festividade como FITN, ao que tamén asistiu a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas; o presidente da Asociación Cultural da Festa da Filloa de Lestedo, José Manuel Canabal, e filloeiras da zona.

Pedro Branco valorou a tradición popular que representa a festa e o propio nomeamento como FITN. Nas súas palabras, “este recoñecemento pon en valor o compromiso coa tradición dun pobo enteiro e tamén co seu progreso, algo que representa este título que acaban de recibir de mans do Goberno de España”.

Ademais, destacou o papel da veciñanza da parroquia e, en particular, dos seus filloeiras, “sen as que esta festa non podería saír adiante” e ás que felicitou.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

O Pico Sacro acolle a Cerimonia do Lume Sagrado para dar a benvida ao solsticio de verán

O Pico Sacro volveu converterse este mediodía nun espazo de encontro arredor da tradición...

A Xunta autoriza ambientalmente a transformación de 4,8 hectáreas forestais en viñedo no municipio de Boqueixón

A Xunta de Galicia concedeu a avaliación ambiental favorable a un proxecto de cambio...

Rueda anuncia investimentos en estradas e servizos sociais tras reunirse co alcalde de Boqueixón

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, mantivo esta semana unha reunión co...