InicioMOV. SOCIAISCentos de persoas forman a bandeira de Palestina en Santiago para denunciar...

Centos de persoas forman a bandeira de Palestina en Santiago para denunciar o xenocidio

A Praza da Quintana foi o escenario dun acto de solidariedade con Palestina, apoiado por diversas asociacións

Publicado o

Xornal de Compostela

Centos de persoas reuníronse este domingo na Praza da Quintana en Santiago de Compostela para formar a bandeira de Palestina, nun acto de protesta contra o “xenocidio que sofre o país”. A convocatoria, que tivo lugar ás 11:00 horas, foi organizada por varias asociacións incluíndo Galaico Árabe Jenin, BDS-Galiza, Mar de Lumes e Galiza por Palestina.

Durante o evento, os asistentes entoaron cánticos de apoio a Palestina como “Palestina vencerá” e “Non é unha guerra, é un xenocidio”. Ademais, moitos dos participantes levaban bandeiras de Palestina e destacou unha pancarta que proclamaba “Boicot, desinversiones e sancións a Israel”.

A manifestación non só serviu para mostrar a solidariedade con Palestina senón tamén para facer un chamamento á acción contra as políticas de Israel respecto a Palestina. A portavoz do BNG, Ana Pontón, uníuse virtualmente ao acto a través das redes sociais, onde publicou unha mensaxe solidarizándose coa causa e describindo a situación en Palestina como “intolerable e inhumana”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...