InicioSOCIEDADEAberto o prazo para presentar propostas de iluminación da contorna da Catedral...

Aberto o prazo para presentar propostas de iluminación da contorna da Catedral de Santiago

O concurso está aberto á participación de profesionais nacionais e internacionais, persoas físicas, xurídicas ou equipo, cun enfoque interdisciplinar.

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago abriu un concurso internacional destinado a atopar unha proposta para a iluminación artística da contorna da Catedral, seleccionada por un xurado de “primeiro nivel internacional”. Os seis anteproxectos finalistas recibirán un premio de 18.150 euros e o gañador terá a opción de desenvolver a súa proposta, cun contrato orzado en 100.000 euros. Segundo trasladou o Consistorio nunha nota, trátase dun certame “pioneiro” no ámbito do deseño lumínico urbano e patrimonial, co apoio técnico integral da empresa compostelá TRIVIUM. A convocatoria está orientada ao catro prazas emblemáticas: Obradoiro, Praterías, Inmaculada e Quintana e os seus elementos conectores.

O concurso desenvolverase en dúas fases anónimas. En primeiro lugar, o Concello abriu un prazo de entrega das ideas conceptuais durante 60 días naturais a partir do 21 de xuño, día seguinte da publicación da licitación na Plataforma de Contratación do Sector Público. O certame contempla o pago de premios aos seis anteproxectos finalistas coas puntuacións máis altas, aos que se abonará a cada un 18.150 euros. Finalizado o concurso, tramitarase un procedemento negociado sen publicidade para levar adiante a proposta gañadora, por un valor de 100.000 euros.

Para iso, conta cun xurado de persoas especialistas “recoñecidas a nivel mundial”: o arquitecto e urbanista David Chipperfield; a doutora arquitecta e profesora Teresa Táboas, o Catedrático de Historia da arte Manuel Antonio Castiñeiras; o fundador do estudo Concepto en París, Roger Narboni, e a editora da revista ‘Lightecture’, Esther Torelló. “O obxectivo é alcanzar un proxecto de iluminación pioneiro, que se axuste ás necesidades do noso patrmionio, ás condicións ambientais desta cidade e que respecte a delicadeza e as sutilezas do ceo nocturno”, explicou a alcaldesa, Goretti Sanmartín, durante o acto de presentación realizado este martes en casa dás Máquinas.

O concurso está aberto á participación de profesionais nacionais e internacionais, persoas físicas, xurídicas ou equipo, cun enfoque interdisciplinar que integra perfís de arquitectura patrimonial, urbanismo, deseño lumínico e humanidades.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...