InicioPOLÍTICAGuinarte podería ser o candidato á alcaldía do PSOE compostelá

Guinarte podería ser o candidato á alcaldía do PSOE compostelá

"Eu nin me descarto nin me deixo de descartar porque non é unha cuestión de postularse", asegurou. Para o edil, a formación debe valorar as opcións e adoptar unha decisión, que está "seguro" de que será "a acertada".

Publicado o

Xornal de Compostela

O concelleiro socialista Gumersindo Guinarte non pecha a porta a ser elixido polo seu partido para ser o candidato á alcaldía de Santiago de cara ás eleccións municipais de 2027, aínda que mostrou confianza na decisión da súa formación, que será a “acertada” en calquera caso. “Non é unha cuestión de postularse”, valorou. Esta afirmación chega despois de que o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, sinalase nunha entrevista que a vontade é designar ao candidato antes de que finalice o 2025.

Preguntado por se está dentro das “quinielas”, Guinarte trasladou que “isto non é unha cuestión de quinielas porque non é unha cuestión de azar”, co que deixou a decisión en mans do partido. “Estou seguro de que adoptará, chegado o momento, a decisión que máis conveña os intereses da cidade para que o partido recupere esa posición central”, defendeu. “Eu nin me descarto nin me deixo de descartar porque non é unha cuestión de postularse”, asegurou. Para o edil, a formación debe valorar as opcións e adoptar unha decisión, que está “seguro” de que será “a acertada”. En calquera caso, el mostrará o seu “apoio” á “mellor persoa” para recuperar “esa posición que o Partido Socialista debe ter”.

Preguntado respecto sobre se os concelleiros non adscritos están “a pór a lupa” sobre o PSOE municipal, Guinarte opinou que iso é algo que “teñen que valorar os medios” e non el. No entanto, considera que “se un está no Goberno, está para gobernar; e se está na oposición, para controlar ao Goberno“. “Se un está para controlar o que fan outros que non son o Goberno, creo que igual desenfocan a lupa ou desvían o tiro. Pero a cada un coa súa responsabilidade, naturalmente”, trasladou.

ÚLTIMAS

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

Os Bonos Corazón mobilizan preto de dous millóns de euros no comercio local de Santiago en 2025

O programa municipal Bonos Corazón pechou o ano cun balance que, segundo destacou a concelleira...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

UCIN Galicia inicia unha ronda de contactos en Santiago e prepara unha mobilización cidadá

UCIN Galicia abriu en Compostela un proceso de encontros con colectivos da cidade co...

O BNG pide no Parlamento profesores especialistas para o CEIP Monte dos Postes

O BNG reclamou á Consellería de Educación máis profesorado especialista no CEIP Monte dos...