InicioCULTURAA veciñanza de Galeras celebra o San Xoán cun debate sobre o...

A veciñanza de Galeras celebra o San Xoán cun debate sobre o río Sarela e recollida de herbas

A xornada, organizada pola Plataforma de Galeras, inclúe unha charla na Casa das Máquinas e un percorrido guiado pola historiadora Encarna Otero

Publicado o

Xornal de Compostela

A Asociación de Veciños Plataforma de Galeras celebrará o San Xoán o vindeiro luns 23 de xuño cunha programación centrada na natureza e o patrimonio fluvial do barrio. A xornada dará comezo ás 17:45 coa tradicional foto de grupo na parada do autobús do Parque de Galeras, antes de dirixirse á Casa das Máquinas, onde terá lugar un debate aberto sobre os ríos urbanos, tomando como exemplo o río Sarela.

O coloquio contará coa intervención de Miguel Fernández Solís, enxeñeiro do servizo de Servizos Básicos Comunitarios do Concello de Santiago, e de Antonio Segura Iglesias, biólogo e socio da propia asociación veciñal. A moderación correrá a cargo do xornalista e escritor Francisco Rodil Lombardía, tamén membro activo da Plataforma.

A partir das 19:30, a celebración trasladarase ao leito do Sarela cun percorrido guiado pola historiadora Encarna Otero Cepeda, centrado na recollida das tradicionais herbas do San Xoán. A actividade ten por obxectivo achegar á veciñanza á historia natural e social deste espazo fluvial, ao tempo que se recuperan prácticas populares vencelladas ao solsticio de verán.

Segundo informa a organización, todas as actividades están subvencionadas polo Concello de Santiago, en apoio ao tecido veciñal e á posta en valor dos espazos naturais da cidade. O cartel anunciador do evento foi distribuído pola propia plataforma e inclúe os detalles da programación e o convite aberto á participación.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Alcalá Norte actuará en Santiago o 6 de marzo de 2027 para presentar o seu segundo disco

A banda madrileña Alcalá Norte ofrecerá un concerto en Santiago de Compostela o próximo...

O Concurso Fran Pérez Narf celebrará a súa final en Santiago co regreso aos escenarios dos Quinindiolas

O Salón Teatro de Santiago de Compostela será o escenario este sábado, 24 de...

Troyanos de Compostela abrirá ao público o seu ensaio do luns no centro sociocultural do Romaño

A agrupación Troyanos de Compostela ofrecerá o próximo luns, 19 de outubro, un ensaio...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here