InicioSOCIEDADEDous botes de laca, orixe dun incendio nunha vivenda compostelá

Dous botes de laca, orixe dun incendio nunha vivenda compostelá

O suceso tivo lugar arredor das 06:00 da mañá e mobilizou bombeiros e forzas policiais. Investígase se foi intencionado.

Publicado o

Xornal de Compostela

A explosión de dous botes de laca para o pelo provocaron un pequeno incendio nunha vivenda de Santiago de Compostela durante a madrugada deste domingo.

O 112 Galicia recibiu varias chamadas por este incidente pouco antes das 06.00 horas, nas que alertaban de “pequenas explosións” que, posteriormente, o Departamento de Bombeiros de Santiago achacou a dous botes de laca para o cabelo.

Segundo informa o 112 Galicia, ninguén resultou ferido e, ata o momento, descoñécense as circunstancias do incidente e se a acción foi intencionada.

Con todo, a situación derivou nun pequeno incendio na persiana dunha xanela do número 16 da rúa San Ignacio de Loyola, ata onde tamén se desprazaron axentes da Policía Local e Nacional.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

A Maker Faire Galicia abre en Santiago cunha xornada centrada no emprendemento e a innovación social

A Maker Faire Galicia inaugurou este venres en Santiago de Compostela a súa XII...

Un modelo da USC permite prever como reducir a calor nas cidades mediante cambios urbanísticos

O incremento das temperaturas está a aumentar o impacto da meteoroloxía sobre a saúde...

Dúas persoas resultan feridas tras seren atropeladas por un vehículo na rúa Rosalía de Castro

Dúas persoas resultaron feridas na mañá deste venres en Santiago de Compostela tras seren...